mércores, 25 de marzo de 2020


 Nestes días de quedarse na casa podemos aproveitar para botarlle un ollo Kalandraka Tv. A editorial que revolucionou o libro en galego, con edicións moi coidadas, tráenos moitas novidades. Contos música, libros...

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

venres, 20 de marzo de 2020

Portal Educativo

 Aquí podemos atopar un montón de actividades en galego. Xa veredes que hai moitas moi divertidas.
 A disfrutar!!

http://aulasgalegas.org/

luns, 16 de marzo de 2020

Ligazóns interesantes para Infantil, e Primaria tamén!!.

Aqui vos deixamos algunhas ligazóns interesantes para estes días nos que toca quedar na casa. Esperemos que vos gusten.
Estes son de OQO FILMES:








día de Rosalía

Este ano o Día de Rosalía vai contar con invitad@s moi especiais. Lucía e Nuria dende os Países Baixos;Ana dende Francia; e Bachir, Aixa e Lorgi dende Barreiros, van contarnos a súa experiencia como migrantes.Á  actividade leva o nome de "Errantes polo Mundo". E trátase basicamente de contar as experiencias vitais de cada un dos e das nosas convidadas. Elas están fóra de Galicia. Lorgi, Bachir e Aixa viñeron a Barreiros en diferentes circunstancias. Pero comparten algo en común, a vida levounos a outro país diferente.
O 21 de febreiro, día no que celebramos a aniversario do nacemento do nacemento de Rosalía, enviámoslles cartas para invitalos a que nos falaran un pouco da súa experiencia. Ademais agasallámolos cun poema de Rosalía que escollemos especialmente para eles. Ademais unha batería de preguntas que elaboramos e seleccionamos para facerlles. Agardamos con impaciencia as súas respostas.




O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz coa actividade Camiñando cara a paz co bo trato.
 Cada clase elaborou o seu slogan referido as diferentes fórmulas de cortesía respecto aos saúdos, despedidas, peticións... 
Cada clase creou o seu slogan. Logo fixemos carteis e o Día da Paz puxemos en común todo o noso traballo e pegamos os carteis por todo o colexio.
Previamente realizáronse varios vídeos para que víramos a diferencia entre o ANTES e o DESPOIS. E si, mereceu a pena!




25 N concello de Barreiros



En xornadas previas á data todo o alumnado colaborou na creación de slogans referidos ao día. Con eses slogans fixemos un  emotivo vídeo que despois de feito vimos todos xuntos.
O 25 N,  todo o colexio nos acercamos ao concello de Barreiros Alí xunto ao alumnado do Ceip de San Cosme participamos da concentración que se fixo diante do edificio consistorial. Para a ocasión levamos camisetas negras e un autocolante co slogan: Por elas, por nós, violencias non!
Alí tamén lembramos os todos os slogans que creamos con anterioridade.

Lemos contos



Durante o mes de novembro o alumnado de quinto foi visitando as aulas de Infantil para contarlles contos de Medo. Pasárono en grande!! Os mais grandes e os máis pequenos. Carabuñas, A bruxa Regañadentes, Onde viven os monstros fixeron as delicias dos máis pequenos







O mes do medo

Novembro foi o Mes do Medo no colexio de San Miguel. E traballamos en varios frentes:

 -As familias, xunto ao noso alumnado enviounos unha ficha cuberta, contando os seus medos

- O alumnado de quinto contoulle contos de medo ao alumnado mais pequeno
- Todas as clases colaboramos na creación do noso monstro Papamedos.
-Durante todo o mes adornamos aulas e corredores con motivos terroríficos.


O colexio convertiuse nun edificio TERRORÍFICO







Monstro Papamedos