MULLER TRABALLADORA



O 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas malas condicións nas que traballaban.

Distintos movementos se sucederon a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral e un tempo para poder críar aos seus fillos. Durante esta folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se lle atribuíu ao dono da fábrica como resposta a esta folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora que actualmente se celebra como Día Internacional da Muller.

A continuación, propoñémosvos varios recursos para traballar esta data.






  



https://vimeo.com/128882274














Ningún comentario:

Publicar un comentario