xoves, 23 de xuño de 2022

Públicas da Escola


Un ano máis  xa chegou ás vosas casas a revista escolar Públicas da Escola,  e van... un montón de anos.  E dende fai un tempo tamén temos a nosa versión online.
Mil grazas a tod@s por facela posible!!!
E agora si:RUMBO AO VERÁN E AO MERECIDO DESCANSO!!!
Vémonos en setembro!!!

luns, 8 de novembro de 2021

Relatos de Samaín

 Chegan os primeiros relatos terroríficos da man do alumnado de 5º de Primaria. Zombis, vampiros, pesadelos, cemiterios... uuuuuhhhhhh, que medo!!!

https://issuu.com/biblio.donadisparate/docs/historia_de_medo

venres, 29 de outubro de 2021


Recén saído do forno o video coas nosas cabazas de Samaín. Grazas familias! Un gran traballo!!


SAMAÍN 2021 de María Belén Fernández

domingo, 24 de outubro de 2021




 Durante esta semana o alumnado do noso colexio dende 3º a 6º vainos agasallar cos seus microrrelatos terroríficos. Iremos subíndoos os textos ao blog segundo vaian chegando. Será unha semana chea de emoción e cos nervos acelerados. Seredes quen de non gritar co medo?

Un samaín mariñeiro

 O Samaín xa está aquí!!. E durante estes días recibiremos as vosas cabazas decoradas. Este ano terán un sabor inconfundible a mar. Veña apurádevos que xa temos aquí as primeiras cabazas mariñeiras. 

Lembrade, tedes ata o próximo xoves para achegarnos a vosa foto coa vosa cabaza decorada

O venres subiremos un video con todas as fotos que nos aportedes.

xoves, 16 de setembro de 2021

Un novo curso



Comezamos un novo curso. E para a ocasión recuperamos esta canción de A gramola Gominola, que actuou este verán  no patio do noso colexio dentro da programación de verán do concello de Barreiros. Fixeron as delicias de adultos e pequen@s. E rescatamos esta canción tan animada.

Ademais os e as  compoñentes da banda regaláronnos un cd e un dvd firmado. A que mola?. Este ano imos rockear!!!
 

mércores, 30 de xuño de 2021

Públicas da Escola 2021

 

 E como remate aquí tedes a versión online da revista do cole Públicas Da Escola.

Un traballo cooperativo entre todo o alumnado e profesorado da Escola. Esperemos que vos guste!!

Bo verán. Vémonos en setembro!!!

 

 

https://issuu.com/biblio.donadisparate/docs/revista_2021_version_online 

martes, 29 de xuño de 2021

Colaboracións cos colexios de Veleiro Docampo e Santa María do Valadouro

 Durante este curso 2020/2021 que remata tivemos un traballo colectivo entre o alumnado do nso colexio co alumnado do colexio Veleiro Docampo co que xa levamos trabanllado dende fai dous cursos.

Este ano retomamo o traballo que non puidemos rematar no pasado curso. A actividade consistía na creación de contos colectivos co alumnado dos dous coles de 4º e de 6º de Primaria.

Como resultado final fixemos tres contos colectivos que xa forman parte das bibliotecas dos dous colexios.

Foi un gusto traballar xunt@s.












Ademais este ano o alumnado de 1º e 2º de Primaria elaborou un díptico sobre o concello de Barreiros no que recopilaron información sobre o noso entorno, tanto do concello domo dos arredores. 

Ademáis de facer entrega ao concello deste dípticos tamén os enviamos ao colexio de santa María do Valadouro para facerlle entrega a todo o alumnado de infantil.Ademais enviouse un pequeno video sobre o concello. 

Dende o colexio de Valadouro enviaronnos un dossier sobre o seu concello.

Agora xa coñecemos moitas máis cousas. foi unha actividade moi interesante e divertida de facer



 

A xanela do maxín

 O pasado 8 de xuño o alumnado de 4º, 5º e 6º tiveron a sorte de poder ver online a obra de teatro "  A viaxe de Saira" de A xanela do maxín.

Unha viaxe virtual dende Francia ata Compostela polo Camiño de Santiago.

Para nós foi unha delicia e unha xanela pola que ver de novo teatro, esperando mellores tempos para poder representar nós mesm@s algunha obriña. Que xa o desexamos tamén.




Que non pare a música

 Neste remate de curso non puidemos deixar de lado a música. Que mellor maneira de finalizar que con dous concertos absolutamente máxicos e que fixeron as delicias de todo o alumnado e profesorado do centro.

O 2 de xuño tivemos aos músicos da Tradescola que nos mostraron os instrumentos máis representativos da nosa música tradicional e nos ofreceron un concerto didáctico marabillosos.

E o día 10 de xuño a música de Paco Nogueiras fíxose escoitar no noso patio. Nun día prefecto para estar fóra escoitamos con agrado a súa música e bailamos ao ritmo das súas cancións






Gymnkana das Letras

 As letras Galegas foron un pouco especiais.

Este ano non houbo festival pero si tivemos algo moi divertido tamén. fixemos unha Gymncana de Xela Arias.

En que consistiu?. Todo o alumnado de Primaria tivo que superar unha serie de probas que xiraban arredor da vida de Xela Arias: Sopas de letras, encrucillados, batería de preguntas...puzzles, Debuxar portadas alternativas dos libros publicados por ela...

Cada curso tiña un tempo para facer as probas. E cada unha delas estaba escondida nalgún lugar do patio. Os compoñentes do grupo recollían as probas unha a unha e dirixianse ao porche do edificio novo para facelas. Unha vez completada cada unha comezaban a seguinte.

Pasámolo moi ben!!




Cada día a familia. Obradoiro de poesía



O 10 de maio tivemos un obradoiro de poesía "Cada día a familia", sobre a figura de Xela Arias impartido por Andrea Barreiro e ofertado polo concello de Barreiros. Nel participaron os cursos de 3º, 4º,5º e 6º. Foi unha actividade moi enriquecedora e sairon poemas moi bonitos.

Aqui as imaxes que o demostran.

 

 

luns, 5 de abril de 2021

Oito de Marzo. Día da Muller

 O pasado 8 de marzo celebramos un ano máis o Día da Muller. este ano como non están permitidas as aglomeracións o noso traballo foi máis intimo e reflexivo. fixemos un dossier sobre o pasado, presente e futuro e distintos ámbitos da vida: O fogar, o traballo, o ámbito social e deportivo, a vestimenta...

Foi un traballo moi enriquecedor porque permitiunos ver como as cousas mudan. Nesta loita pola igualdade de homes e mulleres temos conseguido moito. Pero aínda queda moito que mellorar.

Este foi o resultado. Un dossier que xa destaca polo seu continente, ademáis do contido. Moi bo traballo!!!




A vestimenta foi o ámbito escollido por Infantil.

As miradas de Isaac


 Tamén no mes de febreiro 5º e 6º de Primaria tivemos a sorte de poder ver a exposición "As miradas de Isaac". a nós gustarianos máis ir a Santiago e achegarnos ao Gaiás para poder contemplala pero como nestes tempos non podemos saír puidemos facelo a través dunha videoconferencia.

 Aprendemos moitas cousas desta figura crucial para unha fábrica tan perto de nós com é Sargadelos. ë foi fonte de inspiración para os nosos deseños de pratos. O resultado foi espectacular!!

A videoconferencia foi moi amena e interesante. E aprendemos moito sobre a figura de Isaac e doutras figuras importantes coma Luís Seoane















Como podedes ver, os nosos deseños non desmerecen nada aos orixinais. Artistas!!!

Día de Rosalía







Este é o resultado do traballo colectivo do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria polo Dia de Rosalía.Un mural xigante da autora de Cantares Galegos. Pareceunos un bo regalo polo aniversario do seu nacemento







 

domingo, 28 de febreiro de 2021

 DÍA DE ROSALÍA


No Día de Rosalía o noso alumnado colaborou xunto ao alumnado do Ceip de San Cosme na elaboración dun video sobre a nosa extraordinaria escritora. Dirixidos por persoal municipal o noso alumnado lembrou quen era e que facía Rosalía de Castro. O resultado está á vista. Pero aquí non acaba a nosa lembranza a Rosalía. Ademáis dun mural Pop Art recitamos colectivamente os primeiros versos do seu Cantares Galegos. Nos próximos días veredes o resultado. E mais cousiñas!!!

https://www.facebook.com/watch/?v=527835708519457

xoves, 18 de febreiro de 2021

 O xoves día 11 de febreiro foi o alumnado de 5º. Hoxe tocoulle ao alumnado de 6º. Videoconferencia para coñecer un pouco mais a obra e a vida de Isaac Díaz Pardo. A pesar das dificultades iniciais puidemos aproveitar esta oportunidade que nos brindaron dende o Gaiás para coñecer "As miradas de Isaac".







venres, 5 de febreiro de 2021

Entroido 2021



Comeza o Entroido. Diferente a outro anos pero non menos divertido. Seremos capaces de seguir todos os mandatos do Meco?





 

xoves, 4 de febreiro de 2021

 


Aqui tedes o noso conto: O nacemento do Dragón.

Se vos gustou podedes tamén ler o conto. Unha fermosa historia coa preciosas ilustracións de WANG/SELLIER, MARIE/LOUIS, CATHERINE FEI da editorial Kalandraka




 O pasado 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz no CEIP San Miguel de Reinante. Coma todas as celebracións deste ano foi distinta, pero non menos interesante.

Non podemos xuntarnos e entón decidimos que un mural conxunto era unha boa idea. E que mellor maneira de celebralo que facer o noso Camiño da Paz.

Ademais os curso de 5º e 6º decidiron agasallarnos con dous contos moi relacionadas co tema da Paz e da Unión.

"O nacemento do Dragón" e "A galiña azul" fixeron as delicias de todas as aulas. Parabéns aos artistas e confiamos que todos os Días deste curso sexan Días de Paz.

Aqui vos deixamos o resultado do noso traballo conxunto.
















xoves, 8 de outubro de 2020

 Un novo curso, este 2020/2021, no que nos tivemos que adaptar a moitas cousas novas: Novos horarios, tempos de lecer diferentes, maneiras de relacionarnos distintas e sobre todo,ter sempre moito coidado. Temos que ser responsables e lembrar sempre as tres normas básicas: Hixiene de mans, distancia social e uso de máscara. 

Vai ser un curso moi diferente pero nós seguimos tendo o mesmo interés por coñecer moitas cousas novas e por disfrutar da nosa lingua e a nosa cultura.

E para comezar facer mención a Radio Picariña, a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega. Se clicades na pestana de arriba podedes escoitar un montón de cancións. e xa sabedes, a cantar e bailar.



luns, 22 de xuño de 2020

Xornal Públicas da Escola



O venres remataba este curso escolar tan atípico. Un curso moi difícil que nos levou a superar moitos retos antes de dalo por concluído. PERO CONSEGUÍMOLO!!.
E este número especial de Públicas da Escola demóstrao. Tod@s xunt@s somos insuperables!!
Vémonos en setembro



martes, 9 de xuño de 2020

8 de xuño Día dos océanos

Onte foi o Día Mundial dos Océanos. Tod@s sabemos o necesarios que son e o importante que é que coidemos deles. Porén, estamos recibindo cada día novas dos graves problemas de contaminación que están sufrindo e como afecta esta á fauna e flora que vive nas súas augas.
Por iso agora, que vén a tempada da praia, sexamos responsables e non deixemos o noso lixo na area  nin tirado en calquera lugar. Hai papeleiras e contedores onde podemos depositalo. E lembramos que todo chega ao mar. Por tanto evitemos tirar toalliñas polo w.c., deixar ou tirar lixo perto dos nosos regatos e fagamos o posible por manter o noso entorno libre de lixo. Entre tod@s conseguirémolo!!!.
Deixamosvos aquí uns  libros por se queredes saber algo máis sobre os océanos e seu coidado.



venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

"Como se pode mercar ou vender o ceo ou o calor da terra? esta idea parécenos extrana. Se non somos donos da frescura do aire nin do brillo da auga, como poden vostedes compralos?"
Estas verbas son do xefe indio Seattle da tribu dos swandish ao presidente de E.E.U.U. tras a súa oferta de compra dunha parte considerable do territorio desta tribu. A carta supón un preciosos manifesto na defensa do medio ambiente. Podedes lela ao completo aquí👇.
 
Esta carta sérvenos para por en contexto esta actividade de ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) que vos propoñemos para celebrar O día Mundial do Medio Ambiente.
👇👇

Trátase dunha actividade para toda a familia.

luns, 1 de xuño de 2020

Solucíon ao superdesafío

Non hai quen poida con vós!! De novo fostes quen de adiviñar este último reto. Noraboa!!, Alejo de 2º, Leire de 3º e Unai de 5º por averiguar de que especies vexetais estabamos falando.
E para o resto que desta non foi capaz estas son as solucións:
CARBALLO. Quen non coñece a expresión: Ei carballeira!. Pois iso indica do popular e abundante que chegou a ser esta árbore en Galicia. Ten tamén un significado mítico xa que se consideraba unha árbore sagrada polo seu porte e fortaleza e por ser lugar  de reunión da poboación para xantar e bailar.
FOLGUEIRA (FENTO).É unha das plantas máis coñecidas pola xente, seguramente pola súa abundancia. Podemos atopar diferentes tipos de fentos. Un dos máis curiosos é a especie Woodwardia radicans, que a podemos ver en Barreiros no Santo Estevo do Ermo, ao lado da fervenza. Trátase dun fento moi antigo xa que a súa orixe está na Era Terciaria, no tempo dos dinosauros!!. Por iso é moi necesario preservar o seu entorno porque son moi escasas.
LOUREIRO. Outra árbore ben coñecida. Ademáis de usada como condimento tamén se asocia con propiedades máxicas. Unha coroa de loureiro é o símbolo dos vencederos, ten poderes curativos, de purificación en case todas as culturas.
A MALVA. Outra planta con propiedades medicinais e que é moi abundante en todo o país. Podemos velas ao lado dos camiños e nesta época está moi grandes, destacando esas flores malva tan bonitas, aínda que poden ser rosas, amarelas ou brancas.
XILGARO. Trátase dunha ave mais ben pequena e de varias cores. De feito hai un dito que fala desta ave tan colorida. Deus esqueceuse de pintalo e cando viu que aínda non tiña cor aproveitou as cores que quedaban na paleta. 
LAVANDEIRA.Outra ave tamén pequena e menuda. E tamén moi abundante pola nosa zona.A foto que puxemos é a da lavandeira branca pero tamén a hai amarela ou verdeal.

Con isto damos por concluido este reto que nos mantivo vixiante durante todo o mes de maio. Moitas grazas a tod@s. Recibiredes un pequeno agasallo virtual nuns días.

venres, 29 de maio de 2020

PÚBLICAS DA ESCOLA

👇👇

MOI IMPORTANTE!! Non pensedes que nos imos quedar sen  o xornal escolar Pública da Escola!. Nunca tal pasou e este ano tampouco. Por iso que vos invitamos a tod@s a que colaboredes coas vosas aportacións.
Que podedes enviarnos?
Contos, debuxos, adiviñas, chistes, xeroglíficos,.. 
Como este foi un curso moi raro e dende marzo non puidemos voltar á escola pregamos que nos contedes a vosa vida durante o confinamento, o que botabades de menos, o que vos gustou, se é que vos gustou algo...
Durante a próxima semana recibiremos con gusto as vosas aportacións.
Podedes mandalas ao correo de Dona Disparate 
( biblio.donadisparte@gmail.com ).
Despois maquetaremos a revista e colgarémola no noso blog de Espallando Galego. Estede despois atent@s para poder vela. 
Contamos con vós!!

Maio longo

Este poema de Rosalía de Castro sérvenos para despedir este maio atípico, sen excursións, sen Letras Galegas, sen xuntanzas, sen xogos... 
Pero sempre nos queda a música!!



Para tod@s vós

luns, 25 de maio de 2020

As letras na rede

Deixamos aquí  as actuación para o público infantil no ciclo cultural en liña As Letras na rede, organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para celebrar o Día das Letras Galegas, neste 17 de maio tan atípico.
Seguro que vos gusta!!

Superdesafío fin de mes

E nesta última semana do mes de maio temos o noso SUPERDESAFÍO. Así que preparad@s, buscade colaboración porque isto vai ser máis difícil. Aquí están dúas árbores, dúas plantas e dúas aves para adiviñar.







Aquí están, agora é o voso momento. Podedes poñer a solución no apartado de comentarios ou enviar un correo a biblio.donadisparate@gmail.com, indicando primeiro quen sodes e despois cal vos parece que é a solución. 
Esperamos as vosas respostas!!!

Aí vén o maio. Solución ao terceiro reto

Si, amig@s, volvestes a dar no cravo!.

O canto era o do gorrión, a planta era o fiúncho ou fiollo, e a árbore era a figueira.

GORRIÓN
O gorrión, ou tamén chamado pardal ou pardao, é unha ave que leva acompañando ao ser humano dende fai 11.000, xa que está moi asociado á agricultura pola súa alimentación.
Comen sementes, insectos, herbas, verduras...
Adáptanse a calquer ambiente, sexa rural ou urbano.

FIÚNCHO

Trátase dunha planta moi abundante e de olor anisado. Medra en valados e perto dos regatos e ten usos culinarios e medicinais. É unha das plantas do San Xoán, das que falaremos noutros momentos.

FIGUEIRA

É un arbusto moi abundante tamén,  e cun froito, os figos, que acompañaron moitas tardes da nenez de moita xente. 
Foi unha das primeiras plantas en ser cultivadas polo ser humano dende a antigüidade.

Parabéns a Unai e Antía de 5º, a Gael de 4º e a Hiba e Alejo de 2º por acertar de novo. Creo que vos merecedes a medalla de Superdetectives dda Natureza!!

E atentos que esta semana temos un superdesafío!!.
Atent@s!!!


Día das abellas



Os amigos de ADEGA 
Envía o teu debuxo sobre a importancia das abellas
O pasado 20 de maio foi o Día Mundial das Abellas e AGA (Asociación Galega de Apicultura) sumouse como todos os anos a esta celebración, cunha proposta dirixida principalmente a público infantil destinada a dar a coñecer na sociedade esta importante cita anual que se celebra no mundo enteiro e sensibilizar sobre a importancia das abellas que, a través da polinización, garantizan o mantemento da biodiversidade e a produción de alimentos. Envía a info@apiculturagalega.es o teu debuxo sobre a importancia das abellas, que será publicado no facebook de AGA. Abaixo, un gráfico no que se explica como funciona a reprodución das plantas con flor ás que as abellas axudan a polinizarse.



luns, 18 de maio de 2020

Aí vén o maio. 3º Reto

Isto anímase!!. Temos moita xente menuda por aquí tratando de adiviñar os reptos de cada semana.
Hoxe temos un paxariño por adiviñar, unha planta e un arbusto. Nestes días fermosos de primavera, neste maio longo, como dicía Rosalía de Castro, seguro que podedes atopalos por cada lugar que pasedes, sobre todo se vivides no rural.

E aquí van as pistas.


O paxariño  que hai que adiviñar é o gran compañeiro da xente de aldea.É tan común que hoxe poremos o seu canto, para poñerlle un pouco de emoción á vosa pesquisa. Nesta ligazón escoitaredes o seu canto. ao final de semana daremos outra pista.

.https://drive.google.com/open?id=13UXlbLapI-RoM5GduFd3vcfduiXXvXzS

Esta planta que vos traemos hoxe neste mes de maio está tremendamente grande, aínda que a podemos ver todo o ano. Hai quen a usa para cocer as castañas en tempo de outono.



E por último esta árbore que aló polo San Xoan, ou polo San Miguel, nos dá uns froitos ben saborosos e doces.
O reto comeza.... XAAA!!