xoves, 6 de abril de 2017

SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Con motivo da VI Semana Escolar da Árbore e a Auga, organizada a través da Deputación Provincial de Lugo, plantamos dous fermosos ameneiros que nos facilitaron. Ademais, tamén lles puxemos dous fermosos nomes. Todas as clases fixeron a súa proposta, posteriormente metémolas nunha caixa para realizar un sorteo. Os escollidos foron....RAPOSÍN e KROSS.






Previamente nas aulas procedeuse á lectura dos libros proporcionados pola Deputación con motivo desta conmemoración. Ditos libros teñen como protagonista ao ameneiro.
Os ameneiros son árbores das zonas húmidas. Esta árbore ten usos medicinais e artesanais xa que se empregaba para facer zocos e os eixes dos carros. As súas follas son moi boas para os pés cansados ou as picadas de insectos, entre outras moitas aplicacións.

- Eva, o trasno e o ameneiro. (Educación Infantil)
- Salven os ameneiros! (Educación Primaria)



Ningún comentario:

Publicar un comentario