Hoxe día 23 de abril celebramos o Día do Libro.
E tivemos dúas actividades moi interesantes:
Primeiro o alumnado voluntario da biblioteca leunos un conto mediante o formato Kamishibai. Neste formato, orixinario do Xapón, a persoa que narra vai lendo o texto e ao mesmo tempo vai ensinando unha serie de láminas con debuxos relativos ao conto.
Despois do recreo fixemos o II Apadriñamento Lector. O alumnado de 4º, 5º e 6º leu contos escollidos ao alumnado mais pequeno. Para iso cada parella ou trio buscou un lugar agradable no patio para ler o conto. Despois xa na clase entre os lectores fixeron un pequeno debuxo sobre o libro lido.
Foron dúas actividades moi bonitas e interesantes para este día tan especial.
Eloi, Uxía e Ana, lendo aos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º.
Os nenos e nenas de 6º e 2º facendo os seus debuxos despois da lectura no patio
Ningún comentario:
Publicar un comentario