Hoxe, 15 de abril celebramos o Día Mundial da Arte. Por que este día? Un 15 de abril de 1452 naceu Leonardo da Vinci, un dos maiores artistas de todos os tempos, ademais dun gran científico.
E dende o noso blog queremos conmemoralo facendo referencia a un blog moi chulo que vos aporta moitas ideas para que comecedes a ser vós tamén pequen@s artistas. Animádesvos?.
Non dubidedes en facernos chegar as vosas obras artísticas.
Aquí podedes acceder a el!. E a debuxar e pintar!
Ademáis dende o concello de Barreiros e coa colaboración do acuarelista Juan Ramón Alves pon en marcha un curso a distancia de debuxo e pintura.
Nestes días de confinamento pode ser unha magnífica idea para aprender a debuxar e pintar, ademáis de divertirse
Ningún comentario:
Publicar un comentario