luns, 18 de maio de 2020

Aí vén o maio!.Solución ao 2º reto

Pois si! Estabades no certo. AS aves das que falabamos eran o cuco, a anduriña e a cegoña. O primeiro en acertar foi Gael de 4º curso. Noraboa rapaz!!. 
Pero non foi o único en adiviñar. Susana, Manuel Alejo E Alejandra de 2º curso tamén o fixeron . E Hiba e Selene case case...
Moi ben!!
 E aos demáis tamén grazas pola vosa participación.
Deixàmosvos unhas curiosidades destas aves tan fermosas.
O cuco. 
De canto singular é unha ave  migratoria de longo percorrido.
Pasa o inverno en Africa e entre marzo e abril podemos escoitalo xa en Galicia.Ten como característica particular que non fai niño, senón que os seus ovos ponos no niño doutro paxaro( lavandeiras,rabirrubios, papuxas...). Adoita poñer un ovo en cada niño. 


Moi habitual na nosa xeografía, a figura  do cuco está na nosa música e na nosa cultura. Esta é unha canción de Suso Vaamonde con letra de Manuel María



Anduriña
A comezos da primavera chegan as anduriñas. E quedan con nós ata o outono, cando voltan a Africa.
Percorren ata máis de 5000 km. a súa alimentación é a base de insectos voadores polo que son grandes amigas da xente labrega.Fan os seus niños de  barro, e deben facer ata cerca de mil viaxes para construir o seu fogar.


Cegoña
A cegoña, ave migratoria coma as outras dúas, é moito mais grande. Constrúe enormes e pesados niños con ramas de árbores e paus. Aliméntase de rás, lagartos e roedores.
Tradicionalmente relacionouse a esta ave coa chegada dun bebé aos fogares.
 E preparad@s!! Que continuamos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario