martes, 26 de xuño de 2018

INTERCAMBIO CULTURAL EDUCATIVO CO CEIP PLURILINGÜE A GÁNDARA DE MONFORTE DE LEMOS

En total realizaron este intercambio cultural educativo 70 alumnos/as: 22 alumnos/as de 3º e 4º Curso de EP do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros e 48 alumnos/as de 3º e 4º Curso de EP do CEIP Plurilingüe A Gándara de Monforte de Lemos.
 
O intercambio comezou cunha carta de presentación colectiva e unhas descricións realizadas polo alumnado que xunto cunha foto grupal de cada clase que participaba na actividade de intercambio (3º e 4º de EP dos dous colexios) nos enviamos mutuamente vía postal en primeiro termo no mes de marzo e vía electrónica posteriormente para unha mellor visualización do alumnado. 

A comunicación electrónica incluiu  pois unha videoconferencia realizada o venres 25 de maio e o envío de fotos e autodescricións escritas realizadas polo alumnado para a identificación antes da xornadas de convivencia e a consulta periódica das actividades realizadas publicadas no noso blogue.

Ademais, neste intercambio realizamos dúas xornadas de convivencia (unha en Barreiros e outra en Monforte de Lemos) nas que o alumnado dos dous colexios se coñeceu persoalmente e compartiu actividades e visitas “in situ”.


-Excursión ao Museo do Mar en San Cibrao (Cervo). 

Na primeira xornada de convivencia que se celebrou o xoves 31 de maio en Barreiros visitáronnos os alumnos/as de 3º e 4º curso de EP do CEIP Plurilingüe A Gándara. 
 En primeiro lugar visitaron as estancias do noso colexio e logo partimos cara o Concello de Barreiros onde tivo lugar unha recepción por parte do alcalde no Salón de Plenos. Alí, Alfonso Fuente, o alcalde de Barreiros deu unha pequena charla sobre  o Concello (parroquias, actividades laborais, turismo ou mesmo do funcionamento do Concello). Despois, o propio alcalde, repartiu a cada alumnno/a de Monforte unha bolsa que incluía diversos souvenirs de recordo da súa visita, tales como un calendario do Concello, un guía turística do Concello e outra da Mariña Lucense, un conto titulado “Os Bolechas na Mariña Lucense”…

Posteriormente viaxamos en dous autobuses a San Cibrao (no autobús de Monforte ían os alumnos/as de 3º curso de EP do CEIP San Miguel de Reinante e os de 3º curso de EP do CEIP A Gándara e no autobús de Barreiros ían os alumnos/as de 4º curso de EP dos dous colexios). En San Cibrao visitamos o Museo Provincial do Mar. Como houbo que facer dúas quendas de visita ao museo cada grupo aproveitou o tempo de espera paseando pola Praia do Torno no que falamos da lenda da Maruxaina e coñecendo a vila de San Cibrao. O primeiro grupo que visitou o museo foron os alumnos/as de 3º de EP dos dous colexios e o segundo grupo foron os alumnos/as de 4º de EP dos dous colexios.  Deste xeito pensamos que aproveitamos mellor o tempo de convivencia. Ao rematar coas dúas quendas de visita, fomos a comer todos xuntos a outra praia.

Despois da comida, emprendemos a viaxe de volta en autobús cara ao noso colexio aproveitando para facer un percorrido polas praias de Barreiros (máis de 8 kilómetros de areais) desde San Cosme de Barreiros ata San Miguel de Reinante.
Finalmente e xa no colexio rematamos a xornada de convivencia cunha sesión de xogos e con tempo libre no pavillón polideportivo.
Ás 16 horas os nosos compañeiros/as partiron cara Monforte.











 
 
 

-Excursión a Monforte.
Na segunda xornada de convivencia que se celebrou o xoves 14 de xuño viaxamos a Monforte de Lemos para coñecer o CEIP Plurilingüe a A Gándara e o seu entorno e para seguir coñecendo ao nosos compañeiros/as neste intercambio cultural educativo.
Chegamos a Monforte ás 10 da mañá e visitamos as instalacións do CEIP Plurilingüe A Gándara. Logo partimos en autobús cara o centro de Monforte e visitamos o casco histórico (rúa do Cardenal, parque dos Condes, Escolapios, barrio xudío).
Despois subimos a pé ao monte San Vicente onde contemplamos este mosteiro-castelo e desde esta atalaia natural admiramos o val de Lemos.
Logo procedemos a baixar a pé ao centro de Monforte de novo e fomos ao parque dos Condes onde comemos. Tras a comida, nos desprazamos ata o parque a carón dos Escolapios onde o alumnado disfrutou de tempo de lecer.
Despois montamos en autobús para regresar ao CEIP A Gándara. Alí disfrutamos dunha sesión de xogos e de tempo libre no seu pavillón polideportivo.
Os alumnos/as do noso colexio repartiron como agasallo de despedida para cada alumno/a de Monforte unha bolsiña de organça que contiña un bítere (opérculo que ocasionalmente se atopa nas praias de Barreiros e proporciona a quen o atopa un ano de amor e sorte) e un pequeno papel acartonado no que se que explicaba que o bítere ou ollomao é a tapa ou válvula dun caracol mariño e se indicaba os usos que tiña no pasado e os que ten hoxe en día.
Ás 16 horas e despois de despedir aos nosos novos amigos/as partimos cara Barreiros.



























 






 
 
                                 
 
 


 



 

 

xoves, 21 de xuño de 2018

SEMANA CULTURAL 2018


A Semana Cultural celebrouse no noso colexio do luns 22 de maio ata o venres 26 de maio (previa distribución do periódico escolar “Públicas da Escola” á comunidade educativa o martes 16 de maio que incluiu un monográfico do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2018 (Mª Victoria Moreno) e un díptico como campaña a prol da competencia lingüística.

A Semana Cultural contou coas seguintes actividades:
LUNS, 22 DE MAIO

-Concurso “Debuxa un libro”.

Convocouse un concurso de debuxo para E. Infantil na Semana Cultural a partir do libro de Mª Victoria Moreno “A festa no faiado”. Previa lectura no aula, os alumnos/as realizaron diferentes ilustracións sobre este libro o luns 21 de maio. Un xurado composto por mestres seleccionou dúas ilustracións (unha do alumnado de 4º de E. Infantil e outra do alumnado  de 5º e 6º de E. Infantil) como gañadoras do concurso.




-“Olimpiada de lectura”.

A Olimpiada de lectura celebrouse o luns 21 de maio. A Olimpiada lectora estivo dirixida aos alumnos/as de E. Primaria. Esta actividade consistiu na lectura previa dun libro a nivel aula (o libro foi lido en cada clase no tempo diario destinado á lectura). Os titores prepararon unha serie de 15 preguntas sobre cada libro lido nas aulas. Posteriormente xuntouse todo o alumnado de E. Primaria no pavillón polideportivo ( o 21 de maio) e formáronse 5 equipos de 13-14 membros. En cada equipo había polo menos 2 alumnos/as de cada clase de E. Primaria. É dicir, en cada equipo había polo menos 2 alumnos/as de 1º de EP, 2 alumnos/as de 2º de EP, 2 alumnos/as de 3º de EP, 2 alumnos/as de 4º de EP, 2 alumnos/as de 5º de EP e 2 alumnos/as de 6º de EP. Os distintos equipos tiveron que ir respostando en primeiro lugar preguntas relativas aos libros lidos en cada aula. Cada resposta acertada supoñía un punto para o equipo e en caso de erro había un rebote que conseguía o corredor máis rápido de cada equipo ao coller unha pelota que estaba suspendida nun soporte nun punto equidistante. O equipo que conseguiu máis respostas acertadas foi o gañador.
 













 
 
MARTES, 22 DE MAIO
 
-Celebración Día do Deporte.

 Celebrouse o martes 22 de maio e ao longo da xornada houbo competicións e xogos para todos os nenos/as (carreiras para Infantil, brilé para 1º Ciclo, béisbol para 2º Ciclo e bádminton para 3º Ciclo). Algunha eliminatoria do campionato de bádminton disputouse o luns 21 de maio e a final celebrouse o propio mércores 24 de maio ás 15 horas e tivo como público a todo o alumnado do colexio. Esta actividade estivo aberta a toda a comunidade educativa.

 















 
 
MÉRCORES, 23 DE MAIO
 
-Día da Ciencia.

O mércores 23 de maio celebrouse o Día da Ciencia no pavillón polideportivo. Os alumnos/as de 1º a 6º de E. Primaria explicaron distintos experimentos científicos que previamente visualizaron e realizaron no aula (realizouse polo menos un experimento en cada clase). Fixéronse cinco equipos de 13-14 membros (en cada equipo había polo menos dous alumnos/as de cada curso de EP) e había seis mesas a modo de expositores onde se amosaban os experimentos de cada curso de Primaria(un ou dous en cada mesa). Detrás de cada mesa estaba o profesor titor de cada curso de EP para axudar aos nenos a poñer en práctica os experimentos. Os cinco equipos con alumnos de todos os cursos de EP ían rotando de mesa en mesa e os alumnos/as de cada curso ían explicando e realizando coa axuda do profesor o seu experimento mentres que os outros membros do seu equipo escoitaban a súa explicación e visualizaban o experimento en cuestión. Había experimentos de distinta natureza: de disolucións, de dinámica de fluidos,  de solubilidade, de magnetismo, de enerxía fotovoltaica…Tamén houbo unha demostración das actividades de Robótica que se desenvolveron durante o curso. Esta actividade estivo aberta a toda a comunidade educativa.
 

















































 
 
XOVES, 24 DE MAIO
 
-Día da Música.
O xoves 24 de maio celebramos o Día da Música e contamos coa actuación musical de Iria Estévez e Gonzo Piña dentro dun concerto multicultural no que viaxamos polo mundo escoitando cancións típicas de distintas culturas (Portugal, Irlanda, Brasil, Estados Unidos…). Esta actividade estivo aberta a toda a comunidade educativa.
















 


 VENRES, 25 DE MAIO


-Día do Teatro.

Celebramos o Día do Teatro coa representación dunha obra teatral “A ratiña presumida” a cargo dos alumnos/as de 1º de EP. Con esta representación queremos instaurar a celebración dun Día do Teatro nas nosas Semanas Culturais que se celebran anualmente e nas que pensamos que o teatro debe estar sempre presente. Esta actividade estivo aberta a toda a comunidade educativa.











 
-Actuación musical de “O Arco da Vella”.
 O venres 25 de maio tivo lugar unha actuación a modo de clausura da Semana Cultural por parte do grupo folclórico de San Miguel de Reinante “O Arco da Vella” que conta entre os seus integrantes con alumnos/as e ex – alumnos/as do colexio.
 
 
 
 
 
 

 
 
-Entrega de premios dos distintos concursos convocados polo EDLG.
 O venres 25 de maio celebrouse a Entrega de Premios da Semana Cultural. Houbo premios para os gañadores/as do Día do Deporte (gañadores/as das  carreiras de Infantil, equipo gañador de brilé de 1º e 2º Curso, equipo gañador de béisbol de 3º e 4º Curso, equipo gañador da competición de bádminton de 5º e 6º Curso e mellor xogador do torneo), para o equipo gañador da Olimpiada lectora (un equipo de 13-14 alumnos/as de 1º a 6º de E. Primaria), outro premio para os alumnos/as da clase máis lectora ( a clase que con máis frecuencia acudiu á Biblioteca para solicitar libros en calidade de préstamo) e outro premio para a alumna máis lectora que nesta ocasión foi unha alumna de 4º curso de EP. Tamén houbo diplomas para os alumnos/as que durante todo o ano axudaron a realizar o servizo de préstamo na Biblioteca durante os recreos. Esta actividade estivo aberta a toda a comunidade educativa.