A Semana
Cultural celebrouse no noso colexio do luns 22 de maio ata o venres 26 de maio
(previa distribución do periódico escolar “Públicas da Escola” á comunidade
educativa o martes 16 de maio que incluiu un monográfico do autor homenaxeado
nas Letras Galegas 2018 (Mª Victoria Moreno) e un díptico como campaña a prol
da competencia lingüística.
A Semana
Cultural contou coas seguintes actividades:
LUNS, 22 DE MAIO
-Concurso “Debuxa un libro”.
Convocouse
un concurso de debuxo para E. Infantil na Semana Cultural a partir do libro de
Mª Victoria Moreno “A festa no faiado”. Previa lectura no aula, os alumnos/as
realizaron diferentes ilustracións sobre este libro o luns 21 de maio. Un
xurado composto por mestres seleccionou dúas ilustracións (unha do alumnado de
4º de E. Infantil e outra do alumnado de
5º e 6º de E. Infantil) como gañadoras do concurso.
-“Olimpiada de lectura”.
A Olimpiada de lectura celebrouse o luns 21 de maio. A
Olimpiada lectora estivo dirixida aos alumnos/as de E. Primaria. Esta
actividade consistiu na lectura previa dun libro a nivel aula (o libro foi lido
en cada clase no tempo diario destinado á lectura). Os titores prepararon unha
serie de 15 preguntas sobre cada libro lido nas aulas. Posteriormente xuntouse
todo o alumnado de E. Primaria no pavillón polideportivo ( o 21 de maio) e
formáronse 5 equipos de 13-14 membros. En cada equipo había polo menos 2
alumnos/as de cada clase de E. Primaria. É dicir, en cada equipo había polo
menos 2 alumnos/as de 1º de EP, 2 alumnos/as de 2º de EP, 2 alumnos/as de 3º de
EP, 2 alumnos/as de 4º de EP, 2 alumnos/as de 5º de EP e 2 alumnos/as de 6º de
EP. Os distintos equipos tiveron que ir respostando en primeiro lugar preguntas
relativas aos libros lidos en cada aula. Cada resposta acertada supoñía un punto para o equipo e en caso de erro había un rebote que conseguía o corredor máis rápido de cada equipo ao coller unha pelota que estaba suspendida nun soporte nun punto equidistante. O equipo que conseguiu máis respostas
acertadas foi o gañador.
MARTES, 22 DE MAIO
-Celebración Día do Deporte.
Celebrouse o martes 22
de maio e ao longo da xornada houbo competicións e xogos para todos os nenos/as
(carreiras para Infantil, brilé para 1º Ciclo, béisbol para 2º Ciclo e
bádminton para 3º Ciclo). Algunha eliminatoria do campionato de bádminton
disputouse o luns 21 de maio e a final celebrouse o propio mércores 24 de maio
ás 15 horas e tivo como público a todo o alumnado do colexio. Esta actividade
estivo aberta a toda a comunidade educativa.
MÉRCORES, 23 DE MAIO
-Día da Ciencia.
O
mércores 23 de maio celebrouse o Día da Ciencia no pavillón polideportivo. Os
alumnos/as de 1º a 6º de E. Primaria explicaron distintos experimentos
científicos que previamente visualizaron e realizaron no aula (realizouse polo
menos un experimento en cada clase). Fixéronse cinco equipos de 13-14 membros
(en cada equipo había polo menos dous alumnos/as de cada curso de EP) e había
seis mesas a modo de expositores onde se amosaban os experimentos de cada curso
de Primaria(un ou dous en cada mesa). Detrás de cada mesa estaba o profesor
titor de cada curso de EP para axudar aos nenos a poñer en práctica os
experimentos. Os cinco equipos con alumnos de todos os cursos de EP ían rotando
de mesa en mesa e os alumnos/as de cada curso ían explicando e realizando coa
axuda do profesor o seu experimento mentres que os outros membros do seu equipo
escoitaban a súa explicación e visualizaban o experimento en cuestión. Había
experimentos de distinta natureza: de disolucións, de dinámica de fluidos, de solubilidade, de magnetismo, de enerxía
fotovoltaica…Tamén houbo unha demostración das actividades de Robótica que se
desenvolveron durante o curso. Esta actividade estivo aberta a toda a
comunidade educativa.
-Día da Música.
O
xoves 24 de maio celebramos o Día da Música e contamos coa actuación musical de
Iria Estévez e Gonzo Piña dentro dun concerto multicultural no que viaxamos
polo mundo escoitando cancións típicas de distintas culturas (Portugal,
Irlanda, Brasil, Estados Unidos…). Esta actividade estivo aberta a toda a
comunidade educativa.
VENRES, 25 DE MAIO
-Día do Teatro.
Celebramos o
Día do Teatro coa representación dunha obra teatral “A ratiña presumida” a
cargo dos alumnos/as de 1º de EP. Con esta representación queremos instaurar a
celebración dun Día do Teatro nas nosas Semanas Culturais que se celebran
anualmente e nas que pensamos que o teatro debe estar sempre presente. Esta
actividade estivo aberta a toda a comunidade educativa.
-Actuación musical de “O Arco da Vella”.
O venres 25 de maio
tivo lugar unha actuación a modo de clausura da Semana Cultural por parte do
grupo folclórico de San Miguel de Reinante “O Arco da Vella” que conta entre os
seus integrantes con alumnos/as e ex – alumnos/as do colexio.
-Entrega de premios dos distintos
concursos convocados polo EDLG.
O venres 25 de maio
celebrouse a Entrega de Premios da Semana Cultural. Houbo premios para os
gañadores/as do Día do Deporte (gañadores/as das carreiras de Infantil, equipo gañador de
brilé de 1º e 2º Curso, equipo gañador de béisbol de 3º e 4º Curso, equipo
gañador da competición de bádminton de 5º e 6º Curso e mellor xogador do torneo),
para o equipo gañador da Olimpiada lectora (un equipo de 13-14 alumnos/as de 1º
a 6º de E. Primaria), outro premio para os alumnos/as da clase máis lectora ( a
clase que con máis frecuencia acudiu á Biblioteca para solicitar libros en
calidade de préstamo) e outro premio para a alumna máis lectora que nesta
ocasión foi unha alumna de 4º curso de EP. Tamén houbo diplomas para os
alumnos/as que durante todo o ano axudaron a realizar o servizo de préstamo na
Biblioteca durante os recreos. Esta actividade estivo aberta a toda a
comunidade educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario