En primeiro lugar
asistimos a unha charla no comedor escolar por parte do pai e avó de Cecilia, una alumna de 5º
de E. Infantil que son criadores de pombas e que nos informaron sobre as
características destes animais e sobre a súa alimentación, coidado… O alumnado
puido observar de cerca varias pombas e os aparellos que usan os criadores para
identificalas e crialas. Logo realizamos un estudo etnográfico dos pombais do
noso Concello. Comezamos cunha presentación previa sobre estas construcións a
nivel aula (utilidade, ubicación, diferentes formas…) e realizamos unha visita
a varios pombais (de forma cadrada, circular, octogonal…) o día 20 de abril.
Nesta visita contamos co asesoramento do antigo mestre do colexio e historiador
Emilio Piñeiroa Lozano. Finalmente realizamos un traballo de catalogación dos
distintos pombais de Barreiros e compilamos toda a información nun libro
titulado “Estudo etnográfico dos pombais do Concello de Barreiros”.
-Saída ao Stonehenge galego.
Visitamos o xacemento de A Roda de Santiago de Reinante o
venres 20 de abril. Contamos coa presenza de Emilio Piñeiroa Lozano que nos
guiou in situ na nosa visita. Este antigo mestre do centro e historiador deunos unha charla na que nos instruiu sobre as características únicas deste xacemento (pénsase que é o único xacemento destas características en Galicia e mesmo na Península Ibérica), sobre os seus aspectos históricos (antigüidade, uso, emprazamento…), sobre a súa falsa consideración como castro (foi ao realizar as obras da autovía do Cantábrico cando se deron conta de que se trataba dunha construción moito máis antiga que as castrexas) e sobre o seu estado actual, a súa conservación e procedementos e técnicas de reconstrucción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario