sábado, 10 de xuño de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP OTERO PEDRAYO DE RÁBADE

O martes 30 de maio, o alumnado de 5º e 6º do colexio recibiu aos compañeiros do CEIP Otero Pedrayo de Rábade para participar nunha xornada de convivencia co fin de darlles a coñecer algúns lugares da nosa comarca.

O día comezu cunha sesión de benvida na Casa do Concello. Máis tarde, realizaron un paseo en barco pola Ría de Ribadeo e visitaron a praia das Catedrais. Finalmente, remataron o día comendo todos xuntos nunha das bonitas praias que tenemos no noso concello.




venres, 9 de xuño de 2017

AUDIOLIBROS DE CARLOS CASARES




Co obxectivo de renderlle unha pequena homenaxe a Carlos Casares, por ser o escritor ao que se lle dedicou este ano o día das Letras Galegas, o noso alumnado elaborou dous audiolibros sobre dous dos seus libros máis coñecidos: Este é Toribio e O can Rín e o lobo Crispín.

A continuación, amosámosvos ámbolos dous audiolibros. Engadir que o audiolibro de "Este é Toribio" foi elaborado polo alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria  e o audiolibro de "O can Rin e o lobo Crispín" polo alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria.

ESTE É TORIBIO


 



O CAN RÍN E O LOBO CRISPÍN




NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!



venres, 26 de maio de 2017

SEMANA CULTURAL

Un ano máis tivo lugar a semana cultural no noso centro, con motivo da conmemoración das Letras Galegas. Ao longo desta semana realizáronse varias actividades culturais.
A continuación facemos un resumo delas:

LUNS 22 DE MAIO

Paula Carballeira acudiu ao colexio para ofrecernos unha sesión de contacontos, na cal se representaron "contos para espantar os medos".




MARTES 23 DE MAIO

Este día estivo adicado á pintura. A artista María Luisa López-Santos "Mini" realizou xunto co alumnado unha mural creativo no pavillón sobre o deporte.






MÉRCORES 24 DE MAIO

Este día estivo adicado ao deporte. Ao longo da xornada realizáronse diferentes actividades deportivas, tales como:

Educación Infantil: Carreiras




Educación Primaria
- 1º e 2º : brilé


- 3º e 4º: beisbol


- 5º e 6º: badminton


XOVES 25 DE MAIO

Este día o alumnado de primaria participou na Olimpiada Lectora. Uns días previos á olimpiada, cada curso leu un libro adaptado á idade, aos seus gustos e en lingua galega. O día da olimpiada cada clase tivo que demostrar os seus coñecementos acerca do libro, respondendo a unha serie de preguntas elaboradas por un estricto xurado composto polos mestres. Unha vez finalizada a mesma, realizouse un pasapalabra de Carlos Casares.




Por outra banda, o alumnado de infantil participou nun concurso de debuxo sobre o libro de Carlos Casares titulado "Este é Toribio".



VENRES 26 DE MAIO

Como peche da semana cultural realizáronse xogos populares, entrega de premios e máis contamos coa presenza da agrupación musical do noso pobo "Arco da Vella".
                                                      




luns, 15 de maio de 2017

CORRELINGUA




O pasado 9 de maio celebrouse o Correlingua baixo o lema "O galego sen cancelas". Esta vez tivo lugar en Viveiro e reuniu a estudantes dos diferentes centros educativos da Mariña. O alumando de 1º a 4º do noso centro tamén quixo ser participe realizando un fermoso percorrido pola vila de Viveiro a prol da lingua galega.







xoves, 11 de maio de 2017

XA SAÍU O NOSO XORNAL!!!

O xornal PÚBLICAS DA ESCOLA 2017 está a piques de saír á rúa. A novidade deste ano é que temos a súa edición on-line.



venres, 28 de abril de 2017

TÍRALLE DA LINGUA





Un ano máis participamos no concurso TÍRALLE DA LINGUA. Este ano celebrouse o martes 25 de abril no Teatro Principal en Santiago de Compostela. Participou o alumnado do noso centro cunha divertida obra que resultou gañadora do 2º premio.



NORABOA AOS PARTICIPANTES!!!!

xoves, 6 de abril de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega (RAG) acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web "Primavera das letras", unha iniciativa coa que se pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do día das letras de cada ano. Ademais, intentan promover que a aprendizaxe desta data de obrigada conmemoración non se limite aos días previos do 17 de maio. Por iso dende finais de febreiro estánse a publicar fichas didácticas e contidos interactivos.

Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, é o eixe das propostas didácticas deste ano.



SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Con motivo da VI Semana Escolar da Árbore e a Auga, organizada a través da Deputación Provincial de Lugo, plantamos dous fermosos ameneiros que nos facilitaron. Ademais, tamén lles puxemos dous fermosos nomes. Todas as clases fixeron a súa proposta, posteriormente metémolas nunha caixa para realizar un sorteo. Os escollidos foron....RAPOSÍN e KROSS.






Previamente nas aulas procedeuse á lectura dos libros proporcionados pola Deputación con motivo desta conmemoración. Ditos libros teñen como protagonista ao ameneiro.
Os ameneiros son árbores das zonas húmidas. Esta árbore ten usos medicinais e artesanais xa que se empregaba para facer zocos e os eixes dos carros. As súas follas son moi boas para os pés cansados ou as picadas de insectos, entre outras moitas aplicacións.

- Eva, o trasno e o ameneiro. (Educación Infantil)
- Salven os ameneiros! (Educación Primaria)



xoves, 23 de febreiro de 2017

#ROSALÍATE




CHEGOU O GRAN DÍA!!!

Hoxe 24 de febreiro cúmprese o 180 aniversario do nacemento dunha gran escritora da nosa terra, Rosalía de Castro.

Como puidéstedes ler na entrada anterior, dona Disparate propoñíanos unha serie de actividades para celebración deste día. A continuación mostrámosvos a reportaxe gráfica.



Se queredes ver este vídeo en alta resolución, clicade aquí.


martes, 21 de febreiro de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Hoxe 21 de febreiro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. A data foi proclamada pola UNESCO, no ano 2000, para promover a diversidade lingüística e cultural e o plurilingüismo.
Temos a grandísima sorte de ter un idioma, o galego, que nos pertence e que se mantén vivo grazas ao esforzo de moitos que loitaron para que hoxe chegase a nós. 

QUERE A TÚA LINGUA E FAINA VISIBLE COA TÚA VOZ. FALA GALEGO!!!




venres, 17 de febreiro de 2017

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro vimos celebrando desde hai anos o día de Rosalía de Castro, lembrando o aniversario do nacemento da nosa escritora máis recoñecida.
Cada ano a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propón unha serie de actividades conxuntas cos centros de ensino para conmemorar e visibilizar a obra de Rosalía.
Durante toda esta semana estivemos a traballar con esta escritora; partindo dunha carta que nos enviou a mascota da biblioteca "Dona Disparate".





Se queredes ver o resultado final do noso traballo a este blog atentos debedes estar!

xoves, 9 de febreiro de 2017

PRESENTACIÓN DO BLOGUE

O Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP San Miguel de Reinante quere aproveitar esta canle de comunicación para dar a coñecer as actividades a desenvolver durante o curso, e reflectir todas aquelas informacións que teñan que ver ca defensa e promoción da nosa lingua. Desexamos que sexa do voso interese as novas e demais recursos que aquí ofertemos.