martes, 3 de abril de 2018

8M- DÍA DA MULLER TRABALLADORA


8M- DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O pasado 8 de maio celebramos no colexio o Día da Muller Traballadora para o que o alumnado confeccionou unha grande pancarta que colocamos na entrada do edificio do comedor escolar. Tamén afondamos na biografía de  mulleres galegas de distintas épocas que fixeron historia. O alumnado dos distintos niveis educativos recopilaron no aula información sobre a vida destas mulleres e nun acto colectivo no escenario do comedor, os alumnos e alumnas expuxeron a información recopilada.