venres, 26 de maio de 2017

SEMANA CULTURAL

Un ano máis tivo lugar a semana cultural no noso centro, con motivo da conmemoración das Letras Galegas. Ao longo desta semana realizáronse varias actividades culturais.
A continuación facemos un resumo delas:

LUNS 22 DE MAIO

Paula Carballeira acudiu ao colexio para ofrecernos unha sesión de contacontos, na cal se representaron "contos para espantar os medos".




MARTES 23 DE MAIO

Este día estivo adicado á pintura. A artista María Luisa López-Santos "Mini" realizou xunto co alumnado unha mural creativo no pavillón sobre o deporte.






MÉRCORES 24 DE MAIO

Este día estivo adicado ao deporte. Ao longo da xornada realizáronse diferentes actividades deportivas, tales como:

Educación Infantil: Carreiras




Educación Primaria
- 1º e 2º : brilé


- 3º e 4º: beisbol


- 5º e 6º: badminton


XOVES 25 DE MAIO

Este día o alumnado de primaria participou na Olimpiada Lectora. Uns días previos á olimpiada, cada curso leu un libro adaptado á idade, aos seus gustos e en lingua galega. O día da olimpiada cada clase tivo que demostrar os seus coñecementos acerca do libro, respondendo a unha serie de preguntas elaboradas por un estricto xurado composto polos mestres. Unha vez finalizada a mesma, realizouse un pasapalabra de Carlos Casares.




Por outra banda, o alumnado de infantil participou nun concurso de debuxo sobre o libro de Carlos Casares titulado "Este é Toribio".



VENRES 26 DE MAIO

Como peche da semana cultural realizáronse xogos populares, entrega de premios e máis contamos coa presenza da agrupación musical do noso pobo "Arco da Vella".
                                                      




luns, 15 de maio de 2017

CORRELINGUA




O pasado 9 de maio celebrouse o Correlingua baixo o lema "O galego sen cancelas". Esta vez tivo lugar en Viveiro e reuniu a estudantes dos diferentes centros educativos da Mariña. O alumando de 1º a 4º do noso centro tamén quixo ser participe realizando un fermoso percorrido pola vila de Viveiro a prol da lingua galega.







xoves, 11 de maio de 2017

XA SAÍU O NOSO XORNAL!!!

O xornal PÚBLICAS DA ESCOLA 2017 está a piques de saír á rúa. A novidade deste ano é que temos a súa edición on-line.