mércores, 19 de xuño de 2019

Concurso de microrrelatos "Regáloche un conto"

Xa temos ganador e ganadoras no I Concurso de Microrrelatos "Regáloche un conto".
Xiana e Vera de 5º de Infantil, Alejo de 1º e Noa de 4º de Primaria. Noraboa!!!
Maña venres, será a entrega de premios, coincidindo co final deste curso 2018/2019.
As audicións podedes escoitalas nas seguintes entradas.

Vera Otero:Que fai un rato e un pato na casa de Vera?


https://drive.google.com/open?id=1IKI72q3Eqmq1D4ROweDAcXi-HPH-k_xt

Alejo 1º Primaria: O libro Fresquiño


https://drive.google.com/open?id=1K11Pi2ZK1hCaZT9mcBe4McVOB7s4n2Vk

Xiana, Xoel, Ariana: O galo canta


https://drive.google.com/open?id=1u7-evyps5Uw_a_VyGIIksjrPeu6e2Mn_

Noa Perla e papa: A vaca Anduriña


https://drive.google.com/open?id=1EgvBhCd6JJ_L1Hvy477qhsupvBYd8C9Y

domingo, 2 de xuño de 2019

Correspondencia de Xove



Recibimos con moita alegría a carta dos nosos compañeiros e compañeiras de quinto de Primaria do cole de Xove. Nela ademais de explicarnos un pouco como é seu colexio, lembrábannos o día que por fin nos coñecíamos, durante a celebración do Correlingua, o pasado 7 de maio. Encántanos ter amigos!!

O RÍO:AUGA DE VIDA

O día 23 de maio os nenos e nenas do Ceip de San Miguel de Reinante fixemos un paseo polo río de San Miguel, o río chamado da Barranca ou Forcón.
Acompañados por Tino e Paco, membros de "Os Espigueiros", asociación que intenta recuperar a senda quediscurre pegada ao río, fixemos un tramo duns dous km.
 Neste pequeno roteiro poidemos ver a importancia que tiña a auga e o río para os nosos antepasados.
O río erao todo: 

  • Auga para beber, 
  • Para bañarse
  • Para lavar a roupa
  • Para moer o gran, de trigo e de millo, e poder facer así o pan, que era alimento básico da súa alimentación.
O noso percorrido iniciouse na Ponte de Entrerríos onde vimos o Muíño de Ramón do Chaparro, e despois achegámonos á fonte de Mingolero e ao Pozo da Cainzada, lugar de baño da rapazada aló polos anos 60 e 70.
Despois visitamos o Lavadoiro do Souto, o máis grande e mellor conservado. Alí era onde as mulleres se xuntaban paras lavar a roupa. Un traballo que naqueles tempos era exclusivamente feminino.
Seguimos río abaixo para atoparnos co muíño de Paciencia, restaurado como casa e o lavadoiro do Curro, do que se conservan a pía e as lastras para lavar. 
Baixamos despois camiño de Triana e chegamos a Pumarín, onde visitamos o muíño de Couso o e o pazo de Moreda, construcción de finais do século XVI.
E para rematar voltamos ao río ata o muíño do Merlo, construc

ión datada de mediados do século XVIII.

Foi un paseo moi ben aproveitado. Aprendemos moitas cousas e disfrutamos dun entorno natural marabilloso



domingo, 12 de maio de 2019

Correlingua 2019

Un ano mais, os nenos e nenas de 6º de Primaria participamos nunha nova edición do Correlingua, que este ano se celebrou en Ribadeo. O día anterior recibimos as nosas mochilas e chapas, xunto cun plano por onde discuría a andaina. 
As 10:15 saímos en autobús para Ribadeo. Chegamos ao faro de Illa Pancha e esperamos polos nosos compañeiros de 5º de Xove. Fixemos o camiño xuntos e despois participamos no fin de Festa. 
Despois de volta baixamos ata a praia de Arealonga. E despois de comer, xogamos un pouco na area e acercámonos ata a Praia das Catedrais, aproveitando a marea baixa. 
Foi un día moi ben aproveitado!!!





No faro de Illa Pancha estaban esperando os colexios de toda a Mariña para comezar a nosa andaina




 Cando chegaron os compañeiros e compañeiras de Xove comezamos a andar. Algúns de nós xa nos coñeciamos de outras actividades coma o fútbol


                                     
No Cantón disfrutamos da música na festa final



Como punto final fixemos despois de comer un pequeno paseo ata a Praia das Catedrais e fixemos unha foto conxunta





luns, 6 de maio de 2019

INTERCAMBIO

Durante este curso intercambiamos correspondencia co alumnado de 5º de Primaria do CEIP de Xove Pedro Caselles Román e co alumnado de 6º do colexio CEIP Veleiro Docampo de Castro de Ribeiras de Lea. Unha maneira moi boa de coñecer compañeir@s doutros colexios e doutros lugares e de practicar o galego.
Mañá estaremos en Ribadeo no Correlingua e coñeceremos aos nosos novos amigos de Xove. Promete ser moi emocionante. Pronto volveremos con novas moi interesantes.



Estas son as cartas que escribimos para o alumnado de Castro e de Xove. 


 Os nosos compañeiros e compañeiras de Castro enviaronnos unhas  cartas moi bonitas 


Estas son as cartas que enviamos a Xove. Alí cada alumno/a foi lendo a carta que nós lle enviamos

mércores, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Hoxe día 23 de abril celebramos o Día do Libro.
E tivemos dúas actividades moi interesantes:
Primeiro o alumnado voluntario  da biblioteca leunos un conto mediante o formato Kamishibai. Neste formato, orixinario do Xapón, a persoa que narra vai lendo o texto e ao mesmo tempo vai ensinando unha serie de láminas con debuxos relativos ao conto.

Despois do recreo fixemos o II Apadriñamento Lector. O alumnado de 4º, 5º e 6º leu contos escollidos ao alumnado mais pequeno. Para iso cada parella ou trio buscou un lugar agradable no patio para ler o conto. Despois xa na clase entre os lectores fixeron un pequeno debuxo sobre o libro lido.
Foron dúas actividades moi bonitas e interesantes para este día tan especial.



Eloi, Uxía e Ana, lendo aos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º.






Os nenos e nenas de 6º e 2º facendo os seus debuxos despois da lectura no patio

A RUTA DA SEIMEIRA

O venres 12 de abril viaxamos a Santalla de Oscos para facer unha ruta. Esta actividade estaba enmarcada dentro do Programa Voz-Natura, que este curso se adicabas ao noso monte.
Nun fermoso día percorremos os 8 kilómetros bordeando o río Agüeira ata chegar á fervenza da Seimeira. Fermosas paisaxes e moito por aprender!.






Durante a ruta descubrimos algúns dos pequenos habitantes deste entorno tan especial



A ESCOLA DE FAI 50 ANOS

O 25 de marzo os alumnos de 5º e 6º de Primaria compartiron escenario co grupo de teatro Ollomao de Barreiros.
A ocasión ben o merecía, rememorábamos a escola de fai 50 anos, cando o agora Ceip San Miguel de Reinante comezaba a funcionar,  aló polo ano 1968. 
Deste xeito, o profesorado e os pais e nais do noso centro deleitabámonos coas andanzas dun grupo de mestres e mestras e o seu alumnado. "Os Graduados" e "A Enciclopedia Álvarez", foron as  obras escollidas. E de seguro que o pasamos moi ben

                                   








venres, 29 de marzo de 2019

O ENTROIDO

O mércores 27 de febreiro celebramos o Entroido. Un entroido moi especial xa que convertimos o pavillón nun enorme guateque. Démoslle para atrás
ao tempo e voltamos ao 1968, ano no que se iniciaron as clases no CEIP de San Miguel de Reinante.
O disfraz para a ocasión foi como non, o de hippie. Ademáis de investigar un pouco sobre este movemento tamén escoitamos música deses anos. E fixemos un concurso de adivinar cancións. Foi todo moi divertido e emocionante!!!









luns, 11 de marzo de 2019

Durante os días previos, cada clase confeccionou a súa pancarta, escollendo versos sacados de diferentes poemas. O día 22 todo o alumnado, acompañado do profesorado acercouse á praza do Souto para corear xuntos os versos escollido para a  ocasión. Cada pancarta relacionaba un Dereito con versos da nosa poetisa. A quí tedes o traballo final. Quedou tan bonito que decidimos decorar as paredes dos dous edificios do noso colexio coas pancartas. Parabéns polo traballo ben feito






Moitas novas no noso blog. Estes dias foron moi animados. O pasado 22 de febreiro celebramos o día de Rosalía. Para esta ocasión e como introducción ao día escoitamos e cantamos  a canción de Rosalía pequeniña. Despois  fixemos un debuxo sobre o que nos inspiraba a canción. E no recreo pegamos os noso debuxos. A cambio tivemos o noso pin de Rosalía.💓💓💓💓








luns, 18 de febreiro de 2019

DIA DE ROSALÍA 2019



Estamos preparando xa unha nova homenaxe á nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro, no aniversario do seu nacemento. Vai ser todas unha sorpresa, pero para ir quentando motores, deixámosvos a canción Rosalía Pequeniña. Coa voz de Uxía Senlle e a música de Maxín Blanco. O albúm, titulado coma esta canción, foi publicado no 2013 na Editorial Galaxia.
A que é preciosa?








martes, 5 de febreiro de 2019

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro  celebramos o  Día da Paz no CEIP de San Miguel.
 A paz, ben o sabemos, é necesario coidala e protexela. Para que se manteña forte debe estar libre de virus. Por iso o alumnado de todo o colexio, convertido en científicos e científicas recoñecid@s decidiron eliminar calquera virus que poidera afectar á paz do colexio. Cada clase investigou os virus que podía haber e buscou a súa vacina. Foi un día intenso e de traballo pero ao final conseguímolo!!!.

PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS!!