venres, 28 de abril de 2017

TÍRALLE DA LINGUA





Un ano máis participamos no concurso TÍRALLE DA LINGUA. Este ano celebrouse o martes 25 de abril no Teatro Principal en Santiago de Compostela. Participou o alumnado do noso centro cunha divertida obra que resultou gañadora do 2º premio.



NORABOA AOS PARTICIPANTES!!!!

xoves, 6 de abril de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega (RAG) acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web "Primavera das letras", unha iniciativa coa que se pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do día das letras de cada ano. Ademais, intentan promover que a aprendizaxe desta data de obrigada conmemoración non se limite aos días previos do 17 de maio. Por iso dende finais de febreiro estánse a publicar fichas didácticas e contidos interactivos.

Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, é o eixe das propostas didácticas deste ano.



SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Con motivo da VI Semana Escolar da Árbore e a Auga, organizada a través da Deputación Provincial de Lugo, plantamos dous fermosos ameneiros que nos facilitaron. Ademais, tamén lles puxemos dous fermosos nomes. Todas as clases fixeron a súa proposta, posteriormente metémolas nunha caixa para realizar un sorteo. Os escollidos foron....RAPOSÍN e KROSS.






Previamente nas aulas procedeuse á lectura dos libros proporcionados pola Deputación con motivo desta conmemoración. Ditos libros teñen como protagonista ao ameneiro.
Os ameneiros son árbores das zonas húmidas. Esta árbore ten usos medicinais e artesanais xa que se empregaba para facer zocos e os eixes dos carros. As súas follas son moi boas para os pés cansados ou as picadas de insectos, entre outras moitas aplicacións.

- Eva, o trasno e o ameneiro. (Educación Infantil)
- Salven os ameneiros! (Educación Primaria)