xoves, 8 de outubro de 2020

 Un novo curso, este 2020/2021, no que nos tivemos que adaptar a moitas cousas novas: Novos horarios, tempos de lecer diferentes, maneiras de relacionarnos distintas e sobre todo,ter sempre moito coidado. Temos que ser responsables e lembrar sempre as tres normas básicas: Hixiene de mans, distancia social e uso de máscara. 

Vai ser un curso moi diferente pero nós seguimos tendo o mesmo interés por coñecer moitas cousas novas e por disfrutar da nosa lingua e a nosa cultura.

E para comezar facer mención a Radio Picariña, a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega. Se clicades na pestana de arriba podedes escoitar un montón de cancións. e xa sabedes, a cantar e bailar.



luns, 22 de xuño de 2020

Xornal Públicas da Escola



O venres remataba este curso escolar tan atípico. Un curso moi difícil que nos levou a superar moitos retos antes de dalo por concluído. PERO CONSEGUÍMOLO!!.
E este número especial de Públicas da Escola demóstrao. Tod@s xunt@s somos insuperables!!
Vémonos en setembro



martes, 9 de xuño de 2020

8 de xuño Día dos océanos

Onte foi o Día Mundial dos Océanos. Tod@s sabemos o necesarios que son e o importante que é que coidemos deles. Porén, estamos recibindo cada día novas dos graves problemas de contaminación que están sufrindo e como afecta esta á fauna e flora que vive nas súas augas.
Por iso agora, que vén a tempada da praia, sexamos responsables e non deixemos o noso lixo na area  nin tirado en calquera lugar. Hai papeleiras e contedores onde podemos depositalo. E lembramos que todo chega ao mar. Por tanto evitemos tirar toalliñas polo w.c., deixar ou tirar lixo perto dos nosos regatos e fagamos o posible por manter o noso entorno libre de lixo. Entre tod@s conseguirémolo!!!.
Deixamosvos aquí uns  libros por se queredes saber algo máis sobre os océanos e seu coidado.



venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

"Como se pode mercar ou vender o ceo ou o calor da terra? esta idea parécenos extrana. Se non somos donos da frescura do aire nin do brillo da auga, como poden vostedes compralos?"
Estas verbas son do xefe indio Seattle da tribu dos swandish ao presidente de E.E.U.U. tras a súa oferta de compra dunha parte considerable do territorio desta tribu. A carta supón un preciosos manifesto na defensa do medio ambiente. Podedes lela ao completo aquí👇.
 
Esta carta sérvenos para por en contexto esta actividade de ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) que vos propoñemos para celebrar O día Mundial do Medio Ambiente.
👇👇

Trátase dunha actividade para toda a familia.

luns, 1 de xuño de 2020

Solucíon ao superdesafío

Non hai quen poida con vós!! De novo fostes quen de adiviñar este último reto. Noraboa!!, Alejo de 2º, Leire de 3º e Unai de 5º por averiguar de que especies vexetais estabamos falando.
E para o resto que desta non foi capaz estas son as solucións:
CARBALLO. Quen non coñece a expresión: Ei carballeira!. Pois iso indica do popular e abundante que chegou a ser esta árbore en Galicia. Ten tamén un significado mítico xa que se consideraba unha árbore sagrada polo seu porte e fortaleza e por ser lugar  de reunión da poboación para xantar e bailar.
FOLGUEIRA (FENTO).É unha das plantas máis coñecidas pola xente, seguramente pola súa abundancia. Podemos atopar diferentes tipos de fentos. Un dos máis curiosos é a especie Woodwardia radicans, que a podemos ver en Barreiros no Santo Estevo do Ermo, ao lado da fervenza. Trátase dun fento moi antigo xa que a súa orixe está na Era Terciaria, no tempo dos dinosauros!!. Por iso é moi necesario preservar o seu entorno porque son moi escasas.
LOUREIRO. Outra árbore ben coñecida. Ademáis de usada como condimento tamén se asocia con propiedades máxicas. Unha coroa de loureiro é o símbolo dos vencederos, ten poderes curativos, de purificación en case todas as culturas.
A MALVA. Outra planta con propiedades medicinais e que é moi abundante en todo o país. Podemos velas ao lado dos camiños e nesta época está moi grandes, destacando esas flores malva tan bonitas, aínda que poden ser rosas, amarelas ou brancas.
XILGARO. Trátase dunha ave mais ben pequena e de varias cores. De feito hai un dito que fala desta ave tan colorida. Deus esqueceuse de pintalo e cando viu que aínda non tiña cor aproveitou as cores que quedaban na paleta. 
LAVANDEIRA.Outra ave tamén pequena e menuda. E tamén moi abundante pola nosa zona.A foto que puxemos é a da lavandeira branca pero tamén a hai amarela ou verdeal.

Con isto damos por concluido este reto que nos mantivo vixiante durante todo o mes de maio. Moitas grazas a tod@s. Recibiredes un pequeno agasallo virtual nuns días.

venres, 29 de maio de 2020

PÚBLICAS DA ESCOLA

👇👇

MOI IMPORTANTE!! Non pensedes que nos imos quedar sen  o xornal escolar Pública da Escola!. Nunca tal pasou e este ano tampouco. Por iso que vos invitamos a tod@s a que colaboredes coas vosas aportacións.
Que podedes enviarnos?
Contos, debuxos, adiviñas, chistes, xeroglíficos,.. 
Como este foi un curso moi raro e dende marzo non puidemos voltar á escola pregamos que nos contedes a vosa vida durante o confinamento, o que botabades de menos, o que vos gustou, se é que vos gustou algo...
Durante a próxima semana recibiremos con gusto as vosas aportacións.
Podedes mandalas ao correo de Dona Disparate 
( biblio.donadisparte@gmail.com ).
Despois maquetaremos a revista e colgarémola no noso blog de Espallando Galego. Estede despois atent@s para poder vela. 
Contamos con vós!!

Maio longo

Este poema de Rosalía de Castro sérvenos para despedir este maio atípico, sen excursións, sen Letras Galegas, sen xuntanzas, sen xogos... 
Pero sempre nos queda a música!!



Para tod@s vós

luns, 25 de maio de 2020

As letras na rede

Deixamos aquí  as actuación para o público infantil no ciclo cultural en liña As Letras na rede, organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para celebrar o Día das Letras Galegas, neste 17 de maio tan atípico.
Seguro que vos gusta!!

Superdesafío fin de mes

E nesta última semana do mes de maio temos o noso SUPERDESAFÍO. Así que preparad@s, buscade colaboración porque isto vai ser máis difícil. Aquí están dúas árbores, dúas plantas e dúas aves para adiviñar.







Aquí están, agora é o voso momento. Podedes poñer a solución no apartado de comentarios ou enviar un correo a biblio.donadisparate@gmail.com, indicando primeiro quen sodes e despois cal vos parece que é a solución. 
Esperamos as vosas respostas!!!

Aí vén o maio. Solución ao terceiro reto

Si, amig@s, volvestes a dar no cravo!.

O canto era o do gorrión, a planta era o fiúncho ou fiollo, e a árbore era a figueira.

GORRIÓN
O gorrión, ou tamén chamado pardal ou pardao, é unha ave que leva acompañando ao ser humano dende fai 11.000, xa que está moi asociado á agricultura pola súa alimentación.
Comen sementes, insectos, herbas, verduras...
Adáptanse a calquer ambiente, sexa rural ou urbano.

FIÚNCHO

Trátase dunha planta moi abundante e de olor anisado. Medra en valados e perto dos regatos e ten usos culinarios e medicinais. É unha das plantas do San Xoán, das que falaremos noutros momentos.

FIGUEIRA

É un arbusto moi abundante tamén,  e cun froito, os figos, que acompañaron moitas tardes da nenez de moita xente. 
Foi unha das primeiras plantas en ser cultivadas polo ser humano dende a antigüidade.

Parabéns a Unai e Antía de 5º, a Gael de 4º e a Hiba e Alejo de 2º por acertar de novo. Creo que vos merecedes a medalla de Superdetectives dda Natureza!!

E atentos que esta semana temos un superdesafío!!.
Atent@s!!!


Día das abellas



Os amigos de ADEGA 
Envía o teu debuxo sobre a importancia das abellas
O pasado 20 de maio foi o Día Mundial das Abellas e AGA (Asociación Galega de Apicultura) sumouse como todos os anos a esta celebración, cunha proposta dirixida principalmente a público infantil destinada a dar a coñecer na sociedade esta importante cita anual que se celebra no mundo enteiro e sensibilizar sobre a importancia das abellas que, a través da polinización, garantizan o mantemento da biodiversidade e a produción de alimentos. Envía a info@apiculturagalega.es o teu debuxo sobre a importancia das abellas, que será publicado no facebook de AGA. Abaixo, un gráfico no que se explica como funciona a reprodución das plantas con flor ás que as abellas axudan a polinizarse.



luns, 18 de maio de 2020

Aí vén o maio. 3º Reto

Isto anímase!!. Temos moita xente menuda por aquí tratando de adiviñar os reptos de cada semana.
Hoxe temos un paxariño por adiviñar, unha planta e un arbusto. Nestes días fermosos de primavera, neste maio longo, como dicía Rosalía de Castro, seguro que podedes atopalos por cada lugar que pasedes, sobre todo se vivides no rural.

E aquí van as pistas.


O paxariño  que hai que adiviñar é o gran compañeiro da xente de aldea.É tan común que hoxe poremos o seu canto, para poñerlle un pouco de emoción á vosa pesquisa. Nesta ligazón escoitaredes o seu canto. ao final de semana daremos outra pista.

.https://drive.google.com/open?id=13UXlbLapI-RoM5GduFd3vcfduiXXvXzS

Esta planta que vos traemos hoxe neste mes de maio está tremendamente grande, aínda que a podemos ver todo o ano. Hai quen a usa para cocer as castañas en tempo de outono.



E por último esta árbore que aló polo San Xoan, ou polo San Miguel, nos dá uns froitos ben saborosos e doces.
O reto comeza.... XAAA!!

Os Bolechas e Ricardo Carvalho Calero

Os Bolechas tamén nos  achegan neste pequeno libro datos interesantes acerca da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Queredes saber máis da súa vida?. Premede na ligazón!!

https://issuu.com/biblio.donadisparate/docs/bolechas-libro-carvalho-calero

Aí vén o maio!.Solución ao 2º reto

Pois si! Estabades no certo. AS aves das que falabamos eran o cuco, a anduriña e a cegoña. O primeiro en acertar foi Gael de 4º curso. Noraboa rapaz!!. 
Pero non foi o único en adiviñar. Susana, Manuel Alejo E Alejandra de 2º curso tamén o fixeron . E Hiba e Selene case case...
Moi ben!!
 E aos demáis tamén grazas pola vosa participación.
Deixàmosvos unhas curiosidades destas aves tan fermosas.
O cuco. 
De canto singular é unha ave  migratoria de longo percorrido.
Pasa o inverno en Africa e entre marzo e abril podemos escoitalo xa en Galicia.Ten como característica particular que non fai niño, senón que os seus ovos ponos no niño doutro paxaro( lavandeiras,rabirrubios, papuxas...). Adoita poñer un ovo en cada niño. 


Moi habitual na nosa xeografía, a figura  do cuco está na nosa música e na nosa cultura. Esta é unha canción de Suso Vaamonde con letra de Manuel María



Anduriña
A comezos da primavera chegan as anduriñas. E quedan con nós ata o outono, cando voltan a Africa.
Percorren ata máis de 5000 km. a súa alimentación é a base de insectos voadores polo que son grandes amigas da xente labrega.Fan os seus niños de  barro, e deben facer ata cerca de mil viaxes para construir o seu fogar.


Cegoña
A cegoña, ave migratoria coma as outras dúas, é moito mais grande. Constrúe enormes e pesados niños con ramas de árbores e paus. Aliméntase de rás, lagartos e roedores.
Tradicionalmente relacionouse a esta ave coa chegada dun bebé aos fogares.
 E preparad@s!! Que continuamos!

venres, 15 de maio de 2020

Aí ven o maio, 2º reto.

Esta semana a cousa é un pouco máis difícil. Hai un paxariño que se nos resiste.
Imos dar algunha pista máis destes tres paxaros para que acertedes.
O primeiro paxaro ten un habilidade especial. Non fai o niño. Deixa os seus ovos  nos niños doutros paxaros para que lle coiden os poliños. E ten un canto moi característico, de tal xeito que hai uns reloxos que se chaman coma el.
Con respecto ao segundo paxariño, cando chegan á nosa zona indica que se acaban os meses de mal tempo e se acerca a primavera e o verán.
E do último dos paxaros, sempre se dixo que traia algo de París...




Xa sabedes. Comentade nesta entrada ou mandade mensaxe ao correo de dona Disparate:biblio.donadisparate@gmail.com. indicando o voso nome e apelidos e o curso ao que pertencedes. E a resposta, claro! O luns daremos a solución e o nome dos acertantes

mércores, 13 de maio de 2020

As pitas baixo a choiva

A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (A Coruña) vén de compartir con todo o profesorado e as familias este fermoso traballo sobre a figura e o legado do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero Parabéns !!




martes, 12 de maio de 2020

I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco

Deixamos aquí unha ligazón ao I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco.
Para nenos e nenas de Infantil e Primaria. O tema é o valor da Lingua e a Literatura Galega. Tendes ata o 31 de maio para crear as vosas obras. Veña artistas, a participar!!

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0112/certame-infantil-artes-plasticas-feiraco-2020

luns, 11 de maio de 2020

Aí ven o maio. Novo repto

O pasado sábado, 9 de maio, celebrouse o Día Mundial das Aves Migratorias. Para celebralo esta semana o noso repto vai adicado a estas aves.
Aquí vos deixamos 3 fotografía de tres aves que podemos ver por aquí e que son migratorias. Que quere dicir?. Que non viven permanentemente na nosa zona senón que veñen en determinadas estacións do ano. Poden percorrer miles de km para chegar ata aquí.




Preguntádelle a papá, a mamá ou aos avós se non o sabedes. E  mandade as vosas respostas ao blog ou ao correo biblio.donadisparate@gmail.com O próximo luns de novo daremos a solución e coñeceremos algunha curiosidade máis destas aves tan bonitas. Non deixedes de mandar as vosas achegas!!.

Aí vén o maio. Solucións e novo repto

Pois si!
 O repto da semana pasada era ben fácil! Pero fixéstelo moi ben!
Si. Trátábase das margaridas dos prados(Bellis perennis), esas floriñas que cando chega a primavera enches os nosos prados de branco.
A árbore era o amieiro (Alnus glutinosa) como lle chamamos aquí, aínda que tamén é coñecido por ameneiro ou abeneiro
É a árbore por excelencia das ribeiras galegas formando os 
chamados bosques galería.
Podemos velos en calquera dos regatos e río do noso concello.

E a ave,claro, era o merlo (Turdus merula), ese paxariño que nos alegra tantas veces co seu doce cantar.
Grazas a tod@s por participar e mención especial a Selene de 3º de Primaria e a súa familia que foi a primeira en contestar.
E atent@s que un novo repto está a punto de comezar.
Deixámosvos unha canción moi bonita que ten como protagonista a unha merliña.



mércores, 6 de maio de 2020

Eu Fico Na Casa Con ADEGA

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)  ten unha manchea de recursos,consellos e ideas para pasar esta corentena, relacionados co ecoloxismo e a defensa do medio ambiente.
Nós rescatamos dous que nos parecen moi interesantes.
No  primeiro enlace temos un recurso para facer na casa a nosa propia cola para pegar papel
No segundo enlace temos un reportaxe sobre as mascotas invasoras. animáis que traemos como mascotas pero que se escapan ou abandoamos e se convirten nunha especie máis da nosa contorna, con todos os problemas que iso comporta. 
Se vos gustan, en adega.gal atoparedes moitos máis!! 




https://issuu.com/biblio.donadisparate/docs/eco-ideas_mascotas_invasoras

martes, 5 de maio de 2020

Muiñeira

A nosa alumna Xiana de 6º de Infantil e o seu papá, Xoel, enviaron o seu video polo Día da Danza.
A que son uns verdadeiros "profesionais". Se pinchades neste enlace podedes ver como bailan.
https://drive.google.com/file/d/1a7JgeEtLz-u2HvkqXl3w5avucpXRJskl/view?usp=sharing

luns, 4 de maio de 2020

E comezamos este mes con ánimo de aprender cousas novas relacionadas co noso entorno. Tiñamos pensado aproveitar o mes para facer unha saída ao entorno e coñecer algo máis sobre a fauna e flora do noso concello. Como o confinamento nos impediu facer esta actividade iniciamos hoxe unha serie de entradas relacionadas coa contorna natural
E iniciamos esta actividade mostrándovos  unha árbore, unhas flores e un paxariño.





Unha árbore de ribeira, que se da moi ben cerca dos ríos e regatos, unha floriña que é das primeiras que vemos cando se anuncia a primavera, e un paxaro que oimos cantar todas as mañas?
Sabedes de que árbore, flor e paxaro estamos falando? Podedes comentar aquí mesmo ou enviar as vosas respostas ao correo electrónico biblio.donadisparate@gmail.com.

AÍ VÉN O MAIO

O MAIO
Aí vén o maio

de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...



Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...



Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Manuel Curros EnríquezAires da miña terra


mércores, 29 de abril de 2020


Hoxe conmemorouse o Día da Danza. E que mellor maneira de facelo que bailando unha muiñeira!!
Uxía Lambona e a Banda Molona invítannos a bailar esta peza tradicional galega. Atréveste a bailar tamén na túa casa e compartir con nós a túa arte?.
Pois xa sabes, mándanos o teu video a biblio.donadisparate@gmail.com e subirémolo ao noso blog. Se non che sae a muiñeira e sabes outro baile, aproveita, que este é o teu momento.


martes, 28 de abril de 2020

Bruno cóntanos: A vaca que puxo un ovo

https://drive.google.com/file/d/15ZbntT1bp5X6CICZzywuU6yKOsFu7hfs/view?usp=sharing

Como que unha vaca puxo un ovo?. Isto é increíble!! Alguén viu tal cousa?
Se queredes ver que sucede escoitade a Bruno, que nos relata  este conto tan extraordinario.
Un relato máis de "Contos en familia"

mércores, 15 de abril de 2020

Día do Arte

Hoxe, 15 de abril celebramos o Día Mundial da Arte. Por que  este día?  Un 15 de abril de 1452 naceu Leonardo da Vinci, un dos maiores  artistas de todos os tempos, ademais dun gran científico.
E dende o noso blog queremos conmemoralo facendo referencia a un blog moi chulo que vos aporta moitas ideas para que comecedes a ser vós tamén pequen@s artistas. Animádesvos?.
 Non dubidedes en facernos chegar as vosas obras artísticas.
Aquí podedes acceder a el!. E a debuxar e pintar!

Ademáis dende o concello de Barreiros e coa colaboración do acuarelista Juan Ramón Alves  pon en marcha un curso a distancia de debuxo e pintura.
Nestes días de confinamento pode ser unha magnífica idea para aprender a debuxar e pintar, ademáis de divertirse



mércores, 8 de abril de 2020

Un deseño, paso a paso



O próximo venres as 16:00 h Leandro Lamas fará unha nova sesión de "Un deseño, paso a paso". Colle un folio, divideo en 4 apartados e debuxa como che di Leandro. Esperamos as vosas achegas!.
Pode ser un magnífico traballo para facer con papa e mamá. Anímate!


https://www.facebook.com/leandro.lamas.7?__tn__=%2CdC-R-R&eid=ARAIiBo45JE9fFm5eQ8ViBIYClny-b0H05NS48IngqWkEXHKfNX-8a16LVE4ZZ9H5X5JG9sfXFcf5vdL&hc_ref=ARQu5vY9NEogYpt4ZPB_ZjJVyvrknkIxcQRP6TB7i7G1kusRmPrSBDsTE1bIiwzuFAw&fref=nf



luns, 6 de abril de 2020

Con vós na casa. Editorial Baía

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

Esta achega da editorial Baía axúdanos a levar mellor estes días de encerro. Lecturas para varias idades que podedes ler e descargar.
Grazas!!😍😍

venres, 3 de abril de 2020

A guerra dos números









Primeiro conto que nos chega. Samuel Carregal Díaz cóntanos "A guerra dos números" de Juán Darén.
O número un vese moi cativo e sente envexa dos demais. Que pasará?
Samuel cóntanos como acaba esta aventura.

mércores, 1 de abril de 2020

Contos en familia

Mañá conmemórase un ano máis o Día do libro Infantil e Xuvenil. Esta celebración, que se ven facendo dende 1967 intenta a promoción da lectura entre os máis novos aproveitando a boa literatura infantil e xuvenil.
Por iso que nestes días de obrigada permanencia nas nosas casas dende o EDL do Ceip de San Miguel queremos animarvos a participar na nosa actividade "Contos en familia".
A actividade consiste en facer unha gravación en galego onde se vos vexa contando ou lendo un conto, Pode ser un conto de tradición oral ou un conto clásico, Podedes gravarvos vós e que se vos vexa ou simplemente enfocar o libro que estades lendo. Podedes participar un, dous ou toda a familia na gravación. Trátase de ler e compartir un momento nestes tempos duros que temos que vivir,
Enviade ás vosas gravacións á conta de correo electrónico contosenfamilia2020@gmail.com e nos publicarémolas no noso blog.
Animádevos!!

mércores, 25 de marzo de 2020


 Nestes días de quedarse na casa podemos aproveitar para botarlle un ollo Kalandraka Tv. A editorial que revolucionou o libro en galego, con edicións moi coidadas, tráenos moitas novidades. Contos música, libros...

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

venres, 20 de marzo de 2020

Portal Educativo

 Aquí podemos atopar un montón de actividades en galego. Xa veredes que hai moitas moi divertidas.
 A disfrutar!!

http://aulasgalegas.org/

luns, 16 de marzo de 2020

Ligazóns interesantes para Infantil, e Primaria tamén!!.

Aqui vos deixamos algunhas ligazóns interesantes para estes días nos que toca quedar na casa. Esperemos que vos gusten.
Estes son de OQO FILMES:








día de Rosalía

Este ano o Día de Rosalía vai contar con invitad@s moi especiais. Lucía e Nuria dende os Países Baixos;Ana dende Francia; e Bachir, Aixa e Lorgi dende Barreiros, van contarnos a súa experiencia como migrantes.Á  actividade leva o nome de "Errantes polo Mundo". E trátase basicamente de contar as experiencias vitais de cada un dos e das nosas convidadas. Elas están fóra de Galicia. Lorgi, Bachir e Aixa viñeron a Barreiros en diferentes circunstancias. Pero comparten algo en común, a vida levounos a outro país diferente.
O 21 de febreiro, día no que celebramos a aniversario do nacemento do nacemento de Rosalía, enviámoslles cartas para invitalos a que nos falaran un pouco da súa experiencia. Ademais agasallámolos cun poema de Rosalía que escollemos especialmente para eles. Ademais unha batería de preguntas que elaboramos e seleccionamos para facerlles. Agardamos con impaciencia as súas respostas.




O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz coa actividade Camiñando cara a paz co bo trato.
 Cada clase elaborou o seu slogan referido as diferentes fórmulas de cortesía respecto aos saúdos, despedidas, peticións... 
Cada clase creou o seu slogan. Logo fixemos carteis e o Día da Paz puxemos en común todo o noso traballo e pegamos os carteis por todo o colexio.
Previamente realizáronse varios vídeos para que víramos a diferencia entre o ANTES e o DESPOIS. E si, mereceu a pena!




25 N concello de Barreiros



En xornadas previas á data todo o alumnado colaborou na creación de slogans referidos ao día. Con eses slogans fixemos un  emotivo vídeo que despois de feito vimos todos xuntos.
O 25 N,  todo o colexio nos acercamos ao concello de Barreiros Alí xunto ao alumnado do Ceip de San Cosme participamos da concentración que se fixo diante do edificio consistorial. Para a ocasión levamos camisetas negras e un autocolante co slogan: Por elas, por nós, violencias non!
Alí tamén lembramos os todos os slogans que creamos con anterioridade.

Lemos contos



Durante o mes de novembro o alumnado de quinto foi visitando as aulas de Infantil para contarlles contos de Medo. Pasárono en grande!! Os mais grandes e os máis pequenos. Carabuñas, A bruxa Regañadentes, Onde viven os monstros fixeron as delicias dos máis pequenos