xoves, 15 de febreiro de 2018

DÍA DA PAZ 2018

O pasado martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no noso colexio.
Este ano co gallo do centenario do nacemento de Nelson Mandela quixemos render unha  pequena homenaxe á súa figura afondando na súa biografía e na súa labor a prol da paz. Tamén partindo dunha recopilación de contos africanos publicada por Nelson Mandela realizamos unha actividade de letura e posterior resumo e ilustración por aula de varios destes contos. Todos estes traballos sobre a biografía e os contos recopilados de Nelson Mandela están expostos en dous murais na entrada do cole.
Rematamos a celebración do Día da Paz cunha actuación musical de todo o alumnado do centro no patio. A canción elexida levaba por título "Canción da Paz".