luns, 22 de xuño de 2020

Xornal Públicas da Escola



O venres remataba este curso escolar tan atípico. Un curso moi difícil que nos levou a superar moitos retos antes de dalo por concluído. PERO CONSEGUÍMOLO!!.
E este número especial de Públicas da Escola demóstrao. Tod@s xunt@s somos insuperables!!
Vémonos en setembro



martes, 9 de xuño de 2020

8 de xuño Día dos océanos

Onte foi o Día Mundial dos Océanos. Tod@s sabemos o necesarios que son e o importante que é que coidemos deles. Porén, estamos recibindo cada día novas dos graves problemas de contaminación que están sufrindo e como afecta esta á fauna e flora que vive nas súas augas.
Por iso agora, que vén a tempada da praia, sexamos responsables e non deixemos o noso lixo na area  nin tirado en calquera lugar. Hai papeleiras e contedores onde podemos depositalo. E lembramos que todo chega ao mar. Por tanto evitemos tirar toalliñas polo w.c., deixar ou tirar lixo perto dos nosos regatos e fagamos o posible por manter o noso entorno libre de lixo. Entre tod@s conseguirémolo!!!.
Deixamosvos aquí uns  libros por se queredes saber algo máis sobre os océanos e seu coidado.



venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

"Como se pode mercar ou vender o ceo ou o calor da terra? esta idea parécenos extrana. Se non somos donos da frescura do aire nin do brillo da auga, como poden vostedes compralos?"
Estas verbas son do xefe indio Seattle da tribu dos swandish ao presidente de E.E.U.U. tras a súa oferta de compra dunha parte considerable do territorio desta tribu. A carta supón un preciosos manifesto na defensa do medio ambiente. Podedes lela ao completo aquí👇.
 
Esta carta sérvenos para por en contexto esta actividade de ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) que vos propoñemos para celebrar O día Mundial do Medio Ambiente.
👇👇

Trátase dunha actividade para toda a familia.

luns, 1 de xuño de 2020

Solucíon ao superdesafío

Non hai quen poida con vós!! De novo fostes quen de adiviñar este último reto. Noraboa!!, Alejo de 2º, Leire de 3º e Unai de 5º por averiguar de que especies vexetais estabamos falando.
E para o resto que desta non foi capaz estas son as solucións:
CARBALLO. Quen non coñece a expresión: Ei carballeira!. Pois iso indica do popular e abundante que chegou a ser esta árbore en Galicia. Ten tamén un significado mítico xa que se consideraba unha árbore sagrada polo seu porte e fortaleza e por ser lugar  de reunión da poboación para xantar e bailar.
FOLGUEIRA (FENTO).É unha das plantas máis coñecidas pola xente, seguramente pola súa abundancia. Podemos atopar diferentes tipos de fentos. Un dos máis curiosos é a especie Woodwardia radicans, que a podemos ver en Barreiros no Santo Estevo do Ermo, ao lado da fervenza. Trátase dun fento moi antigo xa que a súa orixe está na Era Terciaria, no tempo dos dinosauros!!. Por iso é moi necesario preservar o seu entorno porque son moi escasas.
LOUREIRO. Outra árbore ben coñecida. Ademáis de usada como condimento tamén se asocia con propiedades máxicas. Unha coroa de loureiro é o símbolo dos vencederos, ten poderes curativos, de purificación en case todas as culturas.
A MALVA. Outra planta con propiedades medicinais e que é moi abundante en todo o país. Podemos velas ao lado dos camiños e nesta época está moi grandes, destacando esas flores malva tan bonitas, aínda que poden ser rosas, amarelas ou brancas.
XILGARO. Trátase dunha ave mais ben pequena e de varias cores. De feito hai un dito que fala desta ave tan colorida. Deus esqueceuse de pintalo e cando viu que aínda non tiña cor aproveitou as cores que quedaban na paleta. 
LAVANDEIRA.Outra ave tamén pequena e menuda. E tamén moi abundante pola nosa zona.A foto que puxemos é a da lavandeira branca pero tamén a hai amarela ou verdeal.

Con isto damos por concluido este reto que nos mantivo vixiante durante todo o mes de maio. Moitas grazas a tod@s. Recibiredes un pequeno agasallo virtual nuns días.