mércores, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Hoxe día 23 de abril celebramos o Día do Libro.
E tivemos dúas actividades moi interesantes:
Primeiro o alumnado voluntario  da biblioteca leunos un conto mediante o formato Kamishibai. Neste formato, orixinario do Xapón, a persoa que narra vai lendo o texto e ao mesmo tempo vai ensinando unha serie de láminas con debuxos relativos ao conto.

Despois do recreo fixemos o II Apadriñamento Lector. O alumnado de 4º, 5º e 6º leu contos escollidos ao alumnado mais pequeno. Para iso cada parella ou trio buscou un lugar agradable no patio para ler o conto. Despois xa na clase entre os lectores fixeron un pequeno debuxo sobre o libro lido.
Foron dúas actividades moi bonitas e interesantes para este día tan especial.



Eloi, Uxía e Ana, lendo aos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º.






Os nenos e nenas de 6º e 2º facendo os seus debuxos despois da lectura no patio

A RUTA DA SEIMEIRA

O venres 12 de abril viaxamos a Santalla de Oscos para facer unha ruta. Esta actividade estaba enmarcada dentro do Programa Voz-Natura, que este curso se adicabas ao noso monte.
Nun fermoso día percorremos os 8 kilómetros bordeando o río Agüeira ata chegar á fervenza da Seimeira. Fermosas paisaxes e moito por aprender!.






Durante a ruta descubrimos algúns dos pequenos habitantes deste entorno tan especial



A ESCOLA DE FAI 50 ANOS

O 25 de marzo os alumnos de 5º e 6º de Primaria compartiron escenario co grupo de teatro Ollomao de Barreiros.
A ocasión ben o merecía, rememorábamos a escola de fai 50 anos, cando o agora Ceip San Miguel de Reinante comezaba a funcionar,  aló polo ano 1968. 
Deste xeito, o profesorado e os pais e nais do noso centro deleitabámonos coas andanzas dun grupo de mestres e mestras e o seu alumnado. "Os Graduados" e "A Enciclopedia Álvarez", foron as  obras escollidas. E de seguro que o pasamos moi ben