xoves, 21 de xuño de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR NO DÍA DO LIBRO


Deseñamos esta actividade para lograr unha participación activa na lectura por parte dos alumnos/as. A actividade celebrouse o 23 de abril, Día do Libro e bautizámola como “Apadriñamento lector”.

O alumnado do 2º e 3º Ciclo contou distintos contos aos alumnos/as do 1º Ciclo e de E. Infantil no patio do colexio (previa selección dos textos e preparación do alumnado na dicción e entoación dos mesmos por parte do Equipo de Biblioteca). Os nenos/as que escoitaron o conto cofeccionaron un marcapáxinas que regalaron aos nenos/as que lles contaron o conto. Despois entre padriños/madriñas e afillados/as lectores/as debuxamos algo alusivo ao conto e fixemos uns minilibros que colocamos nun mural.

Polo Día do Libro tamén houbo unha sesión de Contacontos  o 24 de abril a cargo de Marisa Irimia que nos falou da Biblioteca Secreta de Siria.




























Ningún comentario:

Publicar un comentario