luns, 25 de maio de 2020

Aí vén o maio. Solución ao terceiro reto

Si, amig@s, volvestes a dar no cravo!.

O canto era o do gorrión, a planta era o fiúncho ou fiollo, e a árbore era a figueira.

GORRIÓN
O gorrión, ou tamén chamado pardal ou pardao, é unha ave que leva acompañando ao ser humano dende fai 11.000, xa que está moi asociado á agricultura pola súa alimentación.
Comen sementes, insectos, herbas, verduras...
Adáptanse a calquer ambiente, sexa rural ou urbano.

FIÚNCHO

Trátase dunha planta moi abundante e de olor anisado. Medra en valados e perto dos regatos e ten usos culinarios e medicinais. É unha das plantas do San Xoán, das que falaremos noutros momentos.

FIGUEIRA

É un arbusto moi abundante tamén,  e cun froito, os figos, que acompañaron moitas tardes da nenez de moita xente. 
Foi unha das primeiras plantas en ser cultivadas polo ser humano dende a antigüidade.

Parabéns a Unai e Antía de 5º, a Gael de 4º e a Hiba e Alejo de 2º por acertar de novo. Creo que vos merecedes a medalla de Superdetectives dda Natureza!!

E atentos que esta semana temos un superdesafío!!.
Atent@s!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario