luns, 1 de xuño de 2020

Solucíon ao superdesafío

Non hai quen poida con vós!! De novo fostes quen de adiviñar este último reto. Noraboa!!, Alejo de 2º, Leire de 3º e Unai de 5º por averiguar de que especies vexetais estabamos falando.
E para o resto que desta non foi capaz estas son as solucións:
CARBALLO. Quen non coñece a expresión: Ei carballeira!. Pois iso indica do popular e abundante que chegou a ser esta árbore en Galicia. Ten tamén un significado mítico xa que se consideraba unha árbore sagrada polo seu porte e fortaleza e por ser lugar  de reunión da poboación para xantar e bailar.
FOLGUEIRA (FENTO).É unha das plantas máis coñecidas pola xente, seguramente pola súa abundancia. Podemos atopar diferentes tipos de fentos. Un dos máis curiosos é a especie Woodwardia radicans, que a podemos ver en Barreiros no Santo Estevo do Ermo, ao lado da fervenza. Trátase dun fento moi antigo xa que a súa orixe está na Era Terciaria, no tempo dos dinosauros!!. Por iso é moi necesario preservar o seu entorno porque son moi escasas.
LOUREIRO. Outra árbore ben coñecida. Ademáis de usada como condimento tamén se asocia con propiedades máxicas. Unha coroa de loureiro é o símbolo dos vencederos, ten poderes curativos, de purificación en case todas as culturas.
A MALVA. Outra planta con propiedades medicinais e que é moi abundante en todo o país. Podemos velas ao lado dos camiños e nesta época está moi grandes, destacando esas flores malva tan bonitas, aínda que poden ser rosas, amarelas ou brancas.
XILGARO. Trátase dunha ave mais ben pequena e de varias cores. De feito hai un dito que fala desta ave tan colorida. Deus esqueceuse de pintalo e cando viu que aínda non tiña cor aproveitou as cores que quedaban na paleta. 
LAVANDEIRA.Outra ave tamén pequena e menuda. E tamén moi abundante pola nosa zona.A foto que puxemos é a da lavandeira branca pero tamén a hai amarela ou verdeal.

Con isto damos por concluido este reto que nos mantivo vixiante durante todo o mes de maio. Moitas grazas a tod@s. Recibiredes un pequeno agasallo virtual nuns días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario